Foz, 2 de maio de 2025. A Xunta apoia a cuarta edición do mercado ‘Aos pés de Cornería’,que se celebra este domingo 4 de maio en Vilaronte (Foz) organizado pola asociación cultural O Atrio.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que comezará ás dez da mañá coa apertura dos postos de venda de produtos locais e artesanía.
A xornada contará con animación musical e actividades para todos os públicos, como unha charla sobre agricultura ecolóxica a cargo de Edmundo Maseda, que compartirá a súa experiencia coa horta ecolóxica no Valadouro; unha exhibición de cestería tradicional que ofrecerá María Otero Folgueira e o contacontos O Grúfalo e a natureza, que porá en escena Manuela Contacontos.
Apoio da Vicepresidencia da Deputación
O deputado Daniel García participou tamén este venres na presentación do mercado.
A xornada comezará ás 10.00 horas coa apertura dos postos de venda de produtos locais e artigos de artesanía do mercado, que conta cunha ampla axenda de actividades cunha charla sobre horticultura ecolóxica, contacontos, animacion musical e un concerto de Ugía Pedreira para o remate.
O deputado de Rural valorou a iniciativa da asociación cultural “que conseguiu consolidar este mercado como punto de encontro e espazo de reivindicación do rural e das producións locais” e encadrou o apoio ao mercado “na colaboración que desde a Vicepresidencia da Deputación mantemos co tecido asociativo, que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social dos concellos”