Fixo o 16-M un ano da proposta do conselleiro de Lingua a prol de acadarmos “…un gran pacto pola língua galega”. A RAG a medio do seu entón presidente, Victor Freixanes, reflectía a necesidade dun amplo consenso para tirar o galego da emerxencia lingüística, cuestión que tamén salientou daquela o sociolingüísta e hoxe presidente da RAG, Henrique Monteagudo. Moi axiña a Mesa para A Normalización Lingüística e a plataforma Queremos Galego na que se integra amosaban a súa apertura ao pacto polo galego que-disque-propuña a Xunta e fixaban uns alicerces de consenso coincidentes cos da RAG e ben moderados: a actualización do Plan d Normalización da Lingua galega de 2004 e as recomendacións do Comité de Expertos do Consello de Europa de 2023. Estas mesmas propostas europeas determinaban a necesidade de substituír ou modificar radicalmente o Decreto de plurilingüismo de 2010, que veta o galego como lingua vehicular para as matemáticas, física e química no ensino obrigatorio non universitario.
Por desgraza penso que moita xente con criterio advertimos ao longo destes doce meses que o PPdeG e a Xunta non queren un pacto para pór o galego no centro da vida das persoas e da axenda pública deste país, malia a emerxencia lingüística que vivimos. Estou certo, porén que na Xunta hai altos cargos e mesmo conselleiros que discrepan con esa liña, canda ducias de milleiros de votantes do PPdeG. Mais só as accións, non as intencións, son quen de reverter procesos. Velaí que os amplos sectores políticos, sindicais e sociais que están a prol de lle dar a volta á emerxencia lingüística farían ben en consensuar un pacto de país pola lingua, mesmo co PPdeG botándose atrás. Un Pacto definido en liñas de acción para desenvolver nos gobernos das Deputacións e dos concellos, nas reitorías, vicereitorías, claustros e Departamentos das USC, UDC e Uvigo e para ofertar á mesta sociedade civil galega (organizacións sindicais, empresariais, de persoas consumidoras e veciñais, cooperativas, empresas, banca, entidades culturais, clubs, peñas e agrupacións deportivas, colexios profesionais, federacións deportivas, confrarías de pescadores e organizacións de produtores…).
Precisamos, pois, dun chamado a prol dun pacto amplo polo galego que atenda de verdade ao que non está atendendo á Xunta, priorizando a participación transversal e a conexión cunha sociedade civil galega cada vez máis vizosa. Que atenda tamén a criterios de concordia lingüística e diálogo coa lusofonía, probábelmente a medio do uso progresivo de propostas de caste binormativista que tan ben coñece Noruega.
Ogallá que haxa algún intre no que o Goberno deste país poida acompañar este proceso. Sinceramente, hoxe por hoxe non o vexo. E mentres non hai tempo a perder.
A arrincadeira.- Cantareiras de onte, hoxe e mañá
Semella que existiu consenso popular na celebración do Día das Letras dedicado ás cantareiras de Mens-Malpica ( as irmás Prudencia e Asunción Garrido, Manuel Lema e Teresa Gª Prieto), Adolfina e Rosa Casás (de Cerceda) e á muxiá Eva Castiñeira. A transmisión oral da nosa música popular polas nosas cantareiras e pandereteiras todas fixo posíbel o grandísimo éxito, hoxendía, das novas propostas das Tanxugueiras ou Fillas de Casandra, mais esta conexión non sería posíbel sen o traballo recompilador da suiza Dorothè Schubarth e Antón Santamarina e sen esa marabillosa re-creación de Mercedes Peón e, tamén, de Leilía, Bieito Romero, Ugía Pedreira, Uxía, Milladoiro, Fuxan Os Ventos e tant@s outr@s.
Como tamén sería acaído, nalgún ano vindeiro, recoñecer o traballo dos compositores do nacionalismo galego de primeiros do século XX ( “Casto” Chané, Pascual Veiga, Xoán Montes e outros varios…) canda as corais compostelá Cantigas e Agarimos, ferrolá Toxos e Froles, coruñesa Cantigas da Terra, luguesa Cantigas e Aturuxos, ourensá Ruada, pontevedresa Sociedade Artística ou viguesa Agrupación Artística e outras tantas que introduciron, nomeadamente por patriotismo, a música coral galega e a poesía das nosas creadoras nas nosas cidades xa daquela en proceso de desgaleguización.

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



