O Partido Socialista aceptou democraticamente a Moción de censura que me destituiu como Alcaldesa e respetamos o novo Goberno. Pero tamen dende o respecto imos a rebatir e explicar aos vecinos/as de todo o que ne nos acuse inxustamente.
Ós dous dias de tomar posesión a nova Alcaldesa xa dicia que estaba todo mal e que deixamos todo feito un desastre. Nin lle dera tempo de reunirse cos diferentes departamentos. Eso quere decir que xa entrou co guion para botarnos a culpa de todo.
Loxicamente quedaron cousas a medias e sen tramitar porque en 10 dias nos botaron e ainda que pechamos moitos asuntos e tramitacions sobre todo en relacion coas subvencions, senón as perdiamos, quedaron cousas porque non nos deu tempo.
Hai un realidade, que non o dicen porque non lle conven ; no 2015 o Concello de Viveiro tina unha debeda de catorce millons de euros e agora no 2025 a debeda baixou ata 6,7 millons de euros.
Este novo Goberno ten boa sorte, non como anterior goberno bipartito do 2003. Cando Melchor Roel foi Alcalde habia unha debeda de once millons de euros, hai 22 anos que agora seria case o triple. Esa foi a debeda que deixou o mentor da Alcaldesa o señor Cesar Aja, o que condicinou todos estos anos ao Concello de Viveiro.
Nos o que fixemos foi reducila e manter o servicios para os veciños/as.
Nestes dous meses de Goberno, é certo que non é moito tempo, pero non houbo compromisos para o Concello solo declaracions de intencións e moita foto, eso si. Para demostrar que os conselleiros a reciben en Santiago e a min non.
¿E sabedes por que ainda non houbo ningún compromiso para Viveiro?, porque os presupostos da Xunta xa estan aprobados, e cando se elaboraron e aprobaron a Alcaldesa ainda era Socialista e por iso non contaron con Viveiro.
De todos modos eu xa dixen que ogalla faiga a Xunta de Galicia moitas cousas xa eso é moi bon para todos o veciños/as.
Mentras estánse a facer cousas en Viveiro, obras que deixamos aprobadas e licitadas polo anterior goberno(area socialista). As beirarrúas de Magazos, a fachada Maritima de Celeiro, o campamento de veran, obras que van xa no plan Deputacion como o Barrio do Conexo en Covas ou arranxo do vaso pequeno da piscina, coa instalacion dunha deshumefectadora.
Dende o partido Socialista imos seguir traballando para os veciños e veciñas e nunca imos bloquear por intereses politicos calquera iniciativa que sexa boa para Viveiro e para o conxunto da cidadania.
Maria Loureiro, Concelleira e ex-alcadesa de Viveiro


















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



