Mondoñedo-Ferrol, 1 de maio de 2025. Celebramos hoxe o 1º de Maio, un día moi especial para o mundo obreiro, que nos permite reflexionar xuntos sobre a dignidade e a centralidade do traballo na vida humana e no designio de Deus. Sen dúbida, a riqueza da doutrina social da Igrexa ofrécenos unha luz para comprender e acoller as diferentes dimensións do traballo que, na situación actual, hoxe son simplificadas ou opacadas.
Desde os seus inicios, a ensinanza da Igrexa resaltou que o traballo non é só un medio para obter sustento, senón unha dimensión fundamental da persoa humana. A través do traballo, o ser humano participa na obra creadora de Deus, desenvolve as súas capacidades, relaciónase cos demais e contribúe ao ben común da sociedade. O traballo dános dignidade e dignifícanos. Ademais, é un factor que nos axuda a cultivar a esperanza tan necesaria para un proxecto de vida estable. Así o lembraba o papa Francisco: “Cando non sabes se mañá vas poder dar para comer aos teus fillos, ou se o que estás a estudar permitirache ter un traballo digno, é fácil caer no desánimo. Onde buscar a esperanza?” (Bula do Xubileu 2025). Nese sentido, a Igrexa sempre reivindicou un traballo digno, que pasa pola primacía do ser humano sobre o capital, salarios xustos e condicións laborais dignas.
Somos conscientes de que a realidade do mundo laboral preséntase cunha complexidade crecente. Unha nova cultura do lecer reivindica máis un traballo compatible coa liberdade, o tempo libre e o conveniente descanso. Igualmente, unha mentalidade crecente busca unha seguridade permanente e segura que só se atopa nos empregos da Administración. O desaxuste entre a demanda necesaria dalgúns postos de traballo e unha oferta que non os cobre, necesita unha urxente reflexión conxunta. A globalización, a dixitalización, a precariedade, a competitividade, o desemprego xuvenil e a persistente desigualdade salarial son desafíos que interpelan a nosa conciencia cristiá e nos esixen unha resposta activa e solidaria.
Vemos como en moitos lugares o traballo convértese en fonte de sufrimento, de explotación e de exclusión, negando a dignidade intrínseca de quen o realiza. Sen dúbida, todos coñecemos esta realidade que se fai presente no rostro de infinidade de migrantes que non poden traballar, aínda que queren, por problemáticas administrativas o que lles obriga a realizar traballos na economía mergullada. É unha vergoña e un feito indignante! Tamén son familiares para nós situacións de traballos en condicións de explotación ou precariedade, o que dificulta o seu acceso ou mergulla aos que o desempeñan a situacións de pobreza, vulnerabilidade ou exclusión. Hai que recoñecer que moitos destes empregos están ocupados pola poboación migrante. Neste sentido, as empregadas de fogar, aínda que viron moitas das súas reivindicacións escoitadas, constitúen un sector a coidar.
Xunto a iso, é de encomiar o esforzo de moitos empresarios ou pequenos autónomos por levar adiante a súa empresa e xerar riqueza e emprego con esforzo persoal. Grazas! A fraternidade que se establece no ámbito de moitas destas empresas é digna de imitación. Tamén é fermoso o emprego que se xera no ámbito da economía social, posibilitando o emprego de persoas e colectivos vulnerables que, sen o chanzo dalgúns e o apoio da sociedade, sería imposible a súa plena inclusión na sociedade. Entre todos hai que apoiar este tipo de iniciativas.
Neste contexto, é bo lembrar a voz do papa Francisco, ao que despediamos hai poucos días, e para que quen o traballo constituía un elemento fundamental no desenvolvemento humano, xunto ao teito e á terra: os tres famosos “T”. Súas son estas palabras: “O gran tema é o traballo. O verdadeiramente popular —porque promove o ben do pobo— é asegurar a todos a posibilidade de facer brotar as sementes que Deus puxo en cada un, as súas capacidades, a súa iniciativa, as súas forzas. Esa é a mellor axuda para un pobre, o mellor camiño cara a unha existencia digna” (FT 162).
Ao celebrar xunto con toda a nosa sociedade esta festa do traballo, como Igrexa diocesana estamos chamados a implicarnos nalgúns camiños. Ocórrenseme tres propostas:
Promover a dignidade de todo traballador: Defendendo salarios xustos, facilitando condicións de traballo seguras e respectuosas e oportunidades de desenvolvemento profesional, sensibilizándonos nesta temática, reclamando aos que teñen responsabilidade pública.
Acompañar a quen sofre o desemprego e a precariedade: Así o fai especialmente Cáritas, ofrecendo apoio e promoción para unha inserción laboral digna.
Dar a coñecer e iniciarse na doutrina social da Igrexa: Para que desde estes valores e ensinos que se promoven se xere unha sociedade máis xusta e equitativa.
O voso irmán e amigo,
Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



