A Mariña, sábado 31 de maio. Na mañá de hoxe o BNG analizou en Foz a situación do acceso á vivenda, tanto na comarca coma no conxunto do país. A crise de accesibilidade á mesma afecta aos sectores da poboación máis empobrecidos e sen posibilidade de acceso á vivenda mediante o réxime de tenencia en propiedade que non teñen máis opción que pagar prezos abusivos e nin siquera para os máis vulnerables existe a alternativa dun parque público a prezos accesibles.
Toda esta problemática e as posibles solucións foron estudiadas nesta xornada na que participaron diferentes cargos institucionais coma a deputada Alexandra Fernández, responsable de Urbanismo e Vivenda no grupo parlamentario do BNG, o deputado Daniel Castro, a senadora Carme da Silva, a alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade Ana Ermida, e participaron tamén Rubén Lois González, catedrático da USC no departamento de Xeografía así como María Xosé Piñeira Mantiñán, doutora en Xeografía e Historia pola USC.
A necesidade de impulsar un novo modelo de vivenda protexida
Para o BNG, ante a ausencia de vivenda pública é necesario impulsar un novo modelo de vivenda protexida que garanta a súa accesibilidade, ademáis de apostar decididamente por incrementar o patrimonio público de vivenda priorizando a adquisición e adecuación de vivenda, é dicir, aproveitando mellor o parque xa existente, en liña cos obxectivos de consumo cero de solo que a UE fixa para 2050.
Inacción da Xunta, paralizando toda vivenda protexida e negándose a limitar os pisos turísticos
O PP nunca tivo vocación de resolver dun xeito estutural os problemas en materia de vivenda ao longo dos 16 anos en que ostentou ata hoxe o goberno galego. As medidas que adoptou nese tempo foron encamiñadas á paralización de toda vivenda protexida e da vivenda pública, que poderían ser unha alternativa ante os prezos abusivos do mercado libre. A negativa a limitar os pisos turísticos, mesmo mantendo no seu rexistro centos de piso ilegais ou o bloqueo á declaración de zonas de mercado residencial tensionado impiden tamén a estabilización dos prezos de alugueiro. Neste sentido a senadora Carme da Silva denunciou o incumprimento da legalidade por parte da Xunta “que inscribe os pisos turísticos sen licenza municipal, porque non son vivendas de uso turístico, son pisos con usos hoteleiros” afirmou.
Competencias da Xunta e do Estado
Tanto a senadora Carme da Silva como a alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade Ana Ermida referíronse á difícil situación dos concellos ante a problemática da vivenda, pois os concellos non tenen, medios nin recursos nin competencias para afrontar esta situación e é a Xunta quen está obrigada a colaborar cos concellos, non puenteándoos e incluso saltándose a legalidade coma no caso do rexistro dos pisos turísticos. Incidiron tamén na necesidade de actuar por parte de quen tén competencias: o Estado a nivel de ordenación xeral da economía e principalmente e especialmente a Xunta con totais competencias e Vivenda e Ordenación do Territorio.
A Xunta debe actuar de inmediato, coa participación dos concellos
Desde o BNG instan á Xunta de Galiza e ao Partido Popular a actuar ante este grave problema e para eso deben proceder xa a elabora un estudo da situación da vivenda na Mariña coa participación dos concellos analizando as necesidades reais na comarca porque “cada comarca é distinta, non é o mesmo por exemplo A Mariña ca unha comarca de Pontevedra ou unha área metropolinatana” concluíu Ana Ermida.