As actividades comezarán este sábado coa representación da obra «Fala fala falangueira»
Viveiro, 9 de maio de 2025. O Concello de Viveiro vén de presentar o programa de actividades das Letras Galegas. Baixo o lema «As cantareiras e a poesía popular», inclúen iniciativas de teatro, música e lectura. A primeira delas, a representación da obra «Fala fala falangueira», terá lugar este sábado, ás seis da tarde, no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde ata completar o aforo.
«Fala fala falangueira» será representada por Matrioska Teatro. Será dirixida por Gena Baamonde e contará coa interpretación de Chelo do Rejo e Anabell Gago, dúas das fundadoras da compañía.
O venres 16 terá lugar «Das pandeireteiras de Mens ás Tanxugueiras. Ler conta moito» na Biblioteca Municipal. Será ás seis da tarde, dirixida a público familiar, e a entrada será de balde ata completar o aforo. Os interesados poden reservar a súa localidade no número de teléfono 982 570 606.
O sábado 17, Día das Letras Galegas, David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro, interpretará o himno de Galicia no balcón da Biblioteca Municipal. Despois actuarán os grupos infantil e xuvenil de Bágoas na Terra, o coro infantil do Colexio Lois Tobio de Viveiro e a coral polifónica Alborada de Viveiro. No caso de que chova, o acto trasladarase ao Teatro Pastor Díaz.
Por último, o sábado 23, a Biblioteca Municipal será escenario da actividade «Bibliocanta. Eduvías. Ler conta moito» ás seis da tarde. A entrada será de balde ata completar o aforo e os interesados poden reservar a súa localidade no número de teléfono 982 570 606.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



