Esta fin de semana dispútanse os encontros das categorías Alevín e Biberón. Os días 7 e 8 de xuño será a quenda dos equipos de Benxamín e Prebenxamín, e rematarán os de Infantil os días 14 e 15 deste mes. Arias destacou o labor que vén realizando o club na promoción do deporte base e felicitounos por alcanzar a vixésima edición deste torneo, “polo que pasaron milleiros de rapaces de equipos procedentes de distintos puntos de España ou Portugal”.
