Antonio Ameijide explica que “que sigan a producirse reclamacións por responsabilidade patrimonial contra a Deputación de Lugo por mor dos accidentes producidos nas estradas provincias confirma que PSOE e BNG desatenderon durante 18 anos o mantemento da rede viaria provincial”
Lugo, 9 de maio de 2025. En tan só 4 días (do 7 ao 11 de abril) a Deputación de Lugo resolveu sete reclamacións de responsabilidade patrimonial por danos producidos en vehículos en diferentes estradas da rede viaria provincial, o que confirma as constantes denuncias realizadas polos deputados populares nos últimos anos: “a rede de estradas da Deputación é moi perigosa pola falta de mantemento á que a someteron durante os últimos 18 anos PSOE e BNG”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que estas reclamacións van dende rebentóns e picadas nas rodas ata danos nos propios vehículos por mor das “fochancas de grandes dimensións” existentes en toda a rede viaria provincial.
“Estamos ante unha evidencia máis da realidade que levamos moitos anos denunciando, que PSOE e BNG abandonaron por completo as estradas provinciais, o que derivou en que no que levamos de ano xa se produciron, polo menos, unhas 30 reclamacións ante a Deputación por danos sufridos en vehículos polas fochancas e as deficiencias da rede viaria provincial”, explicou.
Unha das reclamacións efectuadas ante a Deputación produciuse por mor dos danos a un vehículo na LU-P-2905 debido a unha fochanca de grandes dimensións. Polo mesmo motivo, na estrada LU-P-4401, un condutor sufriu danos na roda dianteira dereita, tras metela noutra gran fochanca.
Nas estradas LU-P-1106 e LU-P-1611 tamén se produciron danos a vehículos como consecuencia das fochancas existentes nas calzadas pola total falta de mantemento por parte de PSOE e BNG dende o goberno provincial.
Ademais dos danos nos vehículos, tamén se produciron rebentóns e picadas. Non dos casos, un condutor sufriu un rebentón na LU-3906 tras meter unha roda nunha fochanca, mentres que na estrada LU-P-1611 outro condutor sufriu unha picada na roda dianteira dereita tras entrar nunha fochanca.
Antonio Ameijide explica ademais que entre as reclamacións resoltas destaca unha que foi desestimada tres anos despois de producirse o sinistro xa que tivo lugar o 28 de setembro de 2022 na estrada LU-P-4102 ao sufrir danos nos baixos do vehículo. “Non debemos de ser nós os que valoremos se as reclamacións deben estimarse ou non, o que si dicimos é que tres anos non é prazo dilixente para resolver, hai que resolver as reclamacións moito antes”, afirmou.
Ante esta situación, o voceiro provincial popular explica que “non serven de nada os dous últimos plans anunciados por José Tomé” xa que “cómpre recordar que non se actuou na rede viaria provincial en 66 dos 67 concellos durante moitos anos” e que “os anuncios realizados ata agora só contemplan traballar no 9% dos 4.217 quilómetros das estradas da Deputación”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



