Ribadeo, 15 de maio, 2025. Un tráxico accidente de tráfico ocorrido na tarde deste mércores na estrada N-634, ao seu paso pola parroquia de Piñeira, en Ribadeo, saldouse coa morte dunha persoa. O sinistro tivo lugar ao redor das 20:00 horas, no punto quilométrico 556 da citada vía.
Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dun accidente frontal no que, segundo indicaba, estaban implicados varios vehículos.
De inmediato, o centro de emerxencias mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxo persoal, unha vez no lugar, confirmou a necesidade de contar coa intervención dos Bombeiros, xa que unha persoa permanecía atrapada nun dos coches. Tamén foron alertados os Bombeiros de Barreiros, axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e membros de Protección Civil.
Segundo informaron os equipos de intervención, na colisión víronse implicados catro turismos. Dous deles sufriron danos menores, mentres que nos outros dous os condutores, únicos ocupantes, tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.
A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios, un dos feridos faleceu na ambulancia durante o traslado ao centro hospitalario.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



