A insittución provincial aprobou este venres o convenio de colaboración con Acisa, cunha achega de 23.000 euros
Lugo, 14 de xuño de 2025. A Xunta de Goberno provincial aprobou este venres o convenio de colaboración entre a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e ACISA Ribadeo para a organización de actividades do Ribadeo Indiano, cun importe de 23.000 euros.
O trámite pon a disposición de ACISA fondos destinados a actividades fundamentais para o desenvolvemento do Ribadeo Indiano, como a decoración das rúas, prazas e negocios con bandeiras, flocos e faroliños que recrean na vila un ambiente luminoso, cálido e festivo nunha cidade americana de comezos do século XX e que configura as estampas máis icónicas do evento.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo tamén colabora a través desta subvención excepcional no financiamento da viaxe a un país de ultramar que ACISA sorteará entre a clientela da restauración e o comercio ribadense o último día do Indiano, e que este ano ten como destino México, un dos países de América con vínculos coa emigración ribadense. México tamén estará presente no Ribadeo Indiano con actuacións de mariachis que percorrerán as rúas contribuíndo ao ambiente festivo.
A área de Cultura provincial tamén colaborará na organización de actividades lúdicas e divulgativas sobre o legado da emigración a América como a xincana indiana, que pon a proba o coñecemento da historia e a arquitectura indiana de Ribadeo, ou o espazo de xogos tradicionais que se ubicará en San Roque.
O convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Acisa tamén contempla o financiamento de vasos de plástico reutilizables, serigrafiados cunha imaxe característica do evento, que se distribuirán entre os locais de hostelería para tratar de aforrar custos e evitar a rotura de vasos de cristal nas rúas.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



