Unha trintena de antropólogos e científicos sociais da International Commission on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF) analizarán os retos que impoñen a globalización e a crise climática baixo o epígrafe ‘Paisaxes alimentarias: territorios e identidades sustentables’
Lugo, 7 de xuño de 2025. A Cátedra Unesco sobre Alimentación, Cultura e Desenvolvemento (Unesco Chair on Food, Culture and Development), que funciona desde la Universitat Oberta de Catalunya, celebra desde este luns, 9 de xuño, a súa oitava reunión científica internacional na Casa do Concello de Barreiros, canda a 49ª edición do mitin da International Commisssion on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF).
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran na organización deste encontro científico que reunirá unha trintena de investigadores e expertos procedentes de todo o Estado español, Portugal e Brasil e México e no que analizarán asdinámicas sociais asociadas ao feito —e ao reto— cotián de comer nun contexto de emerxencia climática e global
A inauguración das dúas sesións de traballo, baixo o epígrafe “Paisaxes alimentarias: territorios e identidades sustentables” terá lugar o luns 9 de xuño ás 9.00 horas no Consistorio de Barreiros, coa participación de F. Xavier Medina, presidente de ICAF Internacional, e David Conde Caballero, presidente de ICAF España-Portugal.
Estará con eles a profesora do Campus de Lugo Elena Freire Paz, da área de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela, que forma parte do comité organizador e científico do encontro, e participarán tamén o deputado da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Daniel Castro, e alcaldesa barreirense, Ana Ermida Igrexas.
A emerxencia climática nos montes comunais en man común galegos, as prácticas alimentarias peregrinas, os valores resistentes e a perspectiva de xénero nas prácticas hortícolas, a etnografía do pastoreo, os esforzos para construír unha gastronomía nacional, as soidades e as tensións centro-periferia no feito de comer ou as dinámicas do reparto a domicilio nas contornas urbanas son algúns dos aspectos que se abordarán.
Tamén se achegarán pescudas sobre os valores emocionais, acerca das paisaxes ecosistémicas, identitarias e culturais nas que se producen os alimentos como a desnutrición e a fame cultural asociadas aos desastres naturais. Tamén a Mariña terá o seu protagonismo durante as sesións, cunha exposición sobre A Mariña Lab como laboratorio social para reimaxinar o territorio desde a alimentación, que correrá por conta de Lucas Requejo de PRATO_DO.
A programación complétase o martes, 10 de xuño, cunha visita xeolóxica á praia de Augas Santas ou das Catedrais, en Ribadeo, e un percorrido polo conxunto fabril de Sargadelos (Cervo) e pola cidade episcopal de Mondoñedo. Os congresistas achegaranse tamén ata a denominación de orixe e indicación xeográfica protexida da Faba de Lourenzá e participarán nunha cata de mel e nun encontro con representantes do Colectivo Gastronómico da Mariña.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



