Será a partir das 22.00 horas na Praza do Náufrago de Celeiro
Viveiro, 13 de xuño de 2025. O Concello de Viveiro converterase nunha das paradas da xira teatral «Costa da Morte, cartografía dun naufraxio», unha proposta do Centro Dramático Galego dirixida por Mariña Lestón que afonda na memoria colectiva ligada aos naufraxios e á vida mariñeira de Galicia. A representación terá lugar o venres 20 de xuño ás 22.00 horas na praza do Náufrago de Celeiro, un espazo simbólico que se suma á aposta da compañía por escoller localizacións reais como praias, peiraos ou faros para achegar o teatro ao público desde unha experiencia inmersiva.
En caso de que chova, o espectáculo desenvolverase na Casa do Forno.
A alcaldesa Mariña Gueimunde destacou a relevancia desta cita cultural: «É un orgullo formar parte desta xira que reivindica a nosa historia marítima e lle dá voz ás mulleres que quedaban en terra: ás viúvas, ás orfas, ás que socorrían…».
O espectáculo; que mestura narración, música en directo e imaxes audiovisuais; está pensado para público adolescente e adulto. A función en Celeiro enmárcase na programación cultural de verán do Concello de Viveiro.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



