Foz, 5 de xuño de 2025. No Hotel OCA Praia de Foz tivo lugar a presentación oficial da sétima edición da carreira 15K A Mariña Banco Mediolanum. O acto contou coa presenza do alcalde de Foz, Francisco Cajoto; os concelleiros de Deportes de Foz e Burela, Ángel Fernández e Carlos Méndez, así como varios family bankers de Banco Mediolanum, que é o patrocinador principal del evento. A carreira disputarase o domingo 15 de xuño, cun percorrido de 15 quilómetros, entre os municipios de Foz e Burela, e ofrece aos participantes a posibilidade de inscribirse tanto na modalidade de carreira a pe como en andaina. As saídas realizaranse desde a praia de Llas (Foz) ás 10:00 e ás 11:00 da mañá, respectivamente.
A organización explica que todos os participantes contarán cun servizo de autobuses gratuíto que facilitará o traslado ao punto de saída ou de chegada. Tamén anuncia que os máis pequenos poderán gozar das carreiras de menores que se celebrarán o mesmo domingo fronte ao Concello de Burela durante a mañá.
Este evento conta co respaldo da Fundación Mediolanum, que a través do proxecto social de Banco Mediolanum Mediolanum Aproxima doará 1 euro por cada participante á Asociación Española contra o Cancro. Ademais habilitouse unha fila cero na plataforma Mi grano de arena para todas aquelas persoas que desexen colaborar coa causa.
As inscricións estarán abertas ata o mércores 11 de xuño ás 23:59 horas a través da web oficial (https://bancomediolanum15kseries.es).
O concelleiro de Deportes en Foz, Ángel Fernández Neira, comenta que “coa 15K A Mariña-Banco Medio Mediolanum ademais de fomentar o deporte podemos disfrutar da fermosa paisaxe que une Foz e Burela” e dá as grazas a Mediolanum “por contar un ano mais con este espectacular percorrido”.