Na cita, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, haberá moita música, bocadillos á venta, e por suposto, unha gran fogueira
Cervo, 17 de xuño de 2025. O Concello de Cervo anima a veciñanza e visitantes a participar na tradicional Festa de San Xoán de A Rebolaxe, que se celebrará o luns 23 de xuño, no aparcamento do estanco da Praia do Torno, a partir das 19:30 horas.
A festa dará comezo coa actuación dos gaiteros de Saíñas de Xove, que animarán a primeira parte da celebración. Tamén haberá bocadillos de panceta, chourizo e salchicha á venta para as persoas asistentes.
A partir das 21:00 horas terá lugar o concerto de David y Leo, e ás 23:00 horas prenderase a tradicional fogueira de San Xoán, un dos momentos máis esperados da noite.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo destacar a importancia destas celebracións populares e poñer en valor unha vez máis o traballo e a implicación do grupo A Rebolaxe, que un ano máis organiza esta festa con moito agarimo e esforzo brindándonos “unha oportunidade perfecta para reunirnos e desfrutar desa noite especial”.