Ribadeo, 26 de xuño de 2025. O equipo Rayo Ribadeo Veteranos organiza a primeira edición de “A Troula Rayista”, unha festa aberta a toda a veciñanza e visitantes que se celebrará no parque de San Francisco de Ribadeo durante os días 27, 28 e 29 de xuño. A proposta combina gastronomía, música, artesanía, actividades infantís e solidariedade, nun ambiente festivo e familiar.
O evento arrancará o venres 27 ás 19:00 horas, continuará o sábado durante todo o día ata a 1:00 da madrugada, e rematará o domingo 29 ás 17:00 horas.
Durante os tres días haberá:
Foodtrucks variados, con opcións como comida mexicana, patacas asadas e moito máis.
Mercado artesán, con postos de produtos locais.
Bar, tetería e coctelería, con diferentes propostas para todas as idades.
Actividades infantís, con inchables e espectáculo do Mago Charly (sábado ás 19:30 horas e domingo ás 12:30 horas).
Música en directo, con actuacións como:
DJ da Casa (venres e sábado desde as 20:00 horas)
Pandereteiros do Inferno (sábado ás 13:30 horas)
Sintético Fantástico, banda de Vegadeo (sábado ás 22:00 horas)
Un evento solidario
A Troula Rayista tamén terá un compoñente solidario. Unha parte da recadación da barra será doada á Asociación Charcot-Marie-Tooth España, que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con Charcot Marie Tooth, unha enfermidade neuromuscular rara que afecta a unha nena veciña de Ribadeo. Ademais, a asociación contará cun posto propio na festa para informar e recadar fondos.
Dende a organización convidan a toda a comarca a achegarse a gozar desta cita única, pensada para todos os públicos, con ambiente festivo e cun claro compromiso social. Tamén agradecen o apoio e colaboración de todas as entidades e empresas que fan posible esta celebración, entre elas o Concello de Ribadeo, Mercados Asturias, Diego Dedora, Costume Tattoo, Delira, Aportanorte, Adriana Janeiro y Seijo Veiguela Obras y Servicios.