Foz, 7 de xuño de 2025. O luns 23 de xuño en Foz o San Xoán celebrase da man da asociación Pé do Molete, coa colaboración do Concello de Foz. O barrio das Corporacións, coma cada ano, terá a súa fogueira e poderase desfrutar de animación durante todo o día.
Este ano o pregón darao Juan Prendes Menéndez, máis coñecido en Foz como Juanry, ás 13.30 horas. Logo haberá paella e á noite churrasco, chourizos e queimada coa tradicional fogueira. A xornada estará amenizada pola batukada Kombarullo, O Feitizo, Dj da casa e Festicultores.
“Dende o Concello de Foz queremos agradecer a boa disposición das asociacións coma Pé do Molete que continúan coas tradicións dos barrios do pobo”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que “a de San Xoan é unha noite máxica que dá inicio ao verán, que en Foz significa tamén encontro e que agardamos que a época estival deste ano permaneza no noso recordo”.
Colaboración da Vicepresidencia da Deputación coa actución de Festicultores
O deputado de Mocidade Daniel García participou na presentacion desta celebración popular
e valorou “o traballo da asociación organizadora que con esta xornada festiva reúne a veciñanza e da continuidade a unha celebración como o San Xoan, con ritos e tradicións que forman parte da nosa tradición e patrimonio cultural”
A participación no programa do San Xoan das Corporacións encádrase nas programacións que a Vicepresidencia da Deputación desenvolve para impulsar a presenza da música tradicional, da animación de rúa e da música en galego en citas festivas e culturais de todas as comarcas, reforzando a actividade que desenvolve o tecido asociativo.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



