Ángeles Vázquez alerta das consecuencias para as explotacións gandeiras e dos efectos sobre a biodiversidade

Portrait of grey wolf in the forest
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025. A Xunta lamenta a imposibilidade de adoptar medidas de control da poboación do lobo de forma inmediata, unha vez recibido o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que suspende, de xeito cautelar, a modificación da resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza en Galicia na tempada cinexética 2024-2025.
Os cambios na resolución, publicados no Diario Oficial de Galicia en abril, supoñían incorporar esta especie ao listado daquelas sobre as que se podían adoptar medidas de control en casos de danos recorrentes sobre a gandaría. De feito, trátase dunha modificación que se realizou trala exclusión das poboacións do lobo ao norte do río Douro do Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe) e co fin de volver a aplicar o plan galego de xestión do lobo que estivo vixente ata 2021, sen que en ningún momento fose posto en dúbida ou recorrido xudicialmente.
Os servizos xurídicos do Executivo galego están a estudar en profundidade o auto do TSXG, tendo presente o criterio seguido nas últimas semanas polos tribunais doutras comunidades -como é o caso de dúas resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria e unha do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León-, que rexeitan a suspensión cautelar das accións de control sobre o lobo ao entender que o estado das súas poboacións é favorable.
Unha situación, defende a Xunta, que tamén se dá en Galicia, pois o número de mandas da especie –como recolle o último estudo remitido ao Goberno central de cara á elaboración do informe sexenal- aumentou de 84 en 2014 a 93 nas últimas estimacións, e está presente en máis do 90% do territorio galego. De feito, boa mostra dese estado favorable das poboacións da especie é que só desde o ano 2021 os avisos por ataques de lobos na comunidade aumentaron un 77% e o número de reses afectadas un 57%.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, alertou das consecuencias para o sector agrogandeiro galego, que non poderá adoptar medidas de control fronte á presenza do lobo e terá que limitarse ás medidas de prevención e a solicitar axudas para compensar os danos cando se produzan.
A Xunta salienta que, desde a exclusión do lobo do Lesrpe, actuou en todo momento con rigorosidade e retomou o plan de xestión que estaba vixente ata 2021. De feito, a caza do lobo seguía estando prohibida con carácter xeral malia a súa inclusión na resolución pola que se determinan as épocas hábiles para practicar a actividade cinexética. É dicir, só se podían adoptar medidas de control fronte aos danos recorrentes sobre a gandaría coa debida xustificación.
Nas últimas semanas, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural tramitou distintas solicitudes recibidas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense, e autorizou dúas -unha na Coruña e outra en Ourense- que cumprían os requisitos ao estar suficientemente xustificadas. As accións desenvolvidas ata o momento -esperas- non deron resultados, polo que non se extraeu ningún exemplar, e as pendentes de realizar na provincia da Coruña -as datas autorizadas no caso de Ourense xa pasaron- serán suspendidas de xeito inmediato, en cumprimento do que establece o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



