Maranello, 11 de xuño de 2025. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) organizou en Italia unha competición de habilidades de FP Vet-Kills, que se está a desenvolver en Maranello estes días.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “se trata dunha actividade novidosa na que está a participar alumnado de centros de FP de Toledo, Salamanca, Ourense, Betanzos, Murcia e Avilés, dentro do programa Erasmus + no que estamos a traballar este ano desde Apaga, xunto a alumnado do centro Enzo Ferrari, de Maranello”.
Doural indicou que “os alumnos compiten en diagnose sobre vehículos, sistemas de freos, equipos de medidas ou comprobacións de elementos electrónicos. Son 5 probas, en grupos e dispoñen de 40 minutos para facer cada unha. Os gañadores recibirán uns diplomas e medallas conmemorativas da actividade así como simbólicos premios en metálico, ademais de realizar unha visita á fábrica de Ferrari”.
O presidente de Apaga pretende que “esta actividade se faga noutra sede o vindeiro ano, é unha cousa nova e desde Apaga se considerou oportuna a súa organización, grazas á participación dalgúns dos centros asociados cos que contamos e traballamos”.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



