O sindicato esixe o cumprimento íntegro dos acordos que se asinaron hai dous anos para garantir a viabilidade da planta lucense. A situación financeira de Ignis EQT é alarmante
A Mariña, 25 de xuño, 2025. CCOO de Industria esixe ao Ministerio de Industria que poña data, de inmediato, a unha reunión para abordar a delicada situación na que se atopa a factoría de San Cibrao. O sindicato quere coñecer os mecanismos que se poñerán en marcha para garantir que se cumpre o acordo que se selou con Alcoa para garantir o futuro da comarca. “No vamos a ser meros testigos”, apunta o seu secretario xeral. “No vamos a permanecer impasibles”, engade.
O informe que elaborou o gabinete económico de CCOO sobre Ignis EQT é tan alarmante que no sindicato saltaron todas as alarmas. A situación na que se atopa a empresa que posúe a cuarta parte da sociedade que se creou para xestionar a planta lucense de Alcoa é tan esperpéntica que o sindicato decidiu denunciar esta mañá o que está a ocorrer #ante os medios de comunicación. Quere evitar que ocorra o mesmo que pasou coas instalacións da Coruña e Avilés. Lamentablemente, as plantas acabaron pechadas ou vendidas.
En rolda de prensa, o secretario xeral de CCOO de Industria reclamou ao Ministerio de Industria que convoque urxentemente aos sindicatos para abordar o caso de Alcoa. Fran San José esixiu que se cumpran integramente o acordos que se asinaron hai dous anos. “La situación es alarmante y acuciante”, denunciou, para engadir a continuación que a organización que dirixe “no permanecerá impasible”.
O secretario xeral da sección sindical de CCOO en Alcoa San Cibrao lembrou pola súa banda que o acordo que o Goberno alcanzou con Alcoa non consistía en evitar os despedimentos ata 2028, o que se pretendía, puntualizou, era realizar un investimento na planta “para que la comarca tuviera futuro”. José Antonio Zan lamentou que se fale de economía circular e non se busque a mellor saída para a planta.