Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas usuarias e preservar este espazo natural de referencia para a veciñanza
Viveiro, 12 de xuño de 2025. O Concello de Viveiro informa que nestes días están en marcha os traballos de reparación e mellora de elementos deteriorados no Paseo Fluvial do Río Landro, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas usuarias e preservar este espazo natural de referencia para a veciñanza.
Estas actuacións enmárcanse nas medidas anunciadas polo Concello nas últimas semanas, tras constatarse un aumento do deterioro da pasarela de madeira tanto por desgaste como por actos vandálicos. Os traballos inclúen a substitución de táboas danadas, labores de mantemento xeral e revisión dos tramos máis sensibles da estrutura.
Desde o Concello faise un novo chamamento á colaboración cidadá e ao respecto polo patrimonio natural e urbano de Viveiro, lembrando que o coidado deste tipo de infraestruturas é unha responsabilidade compartida.
A alcaldesa Mariña Gueimunde destacou “a posta en marcha destas reparacións que eran urxentes e necesarias, e dende o Concello seguiremos traballando para manter o Paseo do Landro como un espazo seguro e accesible para todos e todas”.
Ademais, lembrou que se trata dunha senda peonil, e non se permite o acceso con vehículos de ningún tipo: “O uso inadecuado deste espazo está a provocar un deterioro acelerado da estrutura. Por iso, apelamos de novo á responsabilidade e ao civismo para coidar entre todos o noso patrimonio natural”, indicou Mariña Gueimunde.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



