A convocatoria enmárcase no proxecto “O espello do faro” e conta cun orzamento de 3.500 euros para a proposta seleccionada
Burela, 16 de xuño. O Concello de Burela lanza ‘MoldeArte’, un concurso artístico dirixido a persoas creadoras e colectivos interesados en realizar unha intervención artística no molde do Pena Burela, restaurado e instalado na contorna da Marosa. A iniciativa inscríbese no proxecto ‘O espello do faro’, financiado polo GALP A Mariña – Ortegal a través do FEMPA, e ten como obxectivo continuar coa posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial pesqueiro da vila.
A convocatoria permanecerá aberta durante 30 días naturais dende a súa publicación oficial, e contará cun orzamento de 3.500 euros para a execución da proposta seleccionada. As bases completas poden consultarse nas canles oficiais do Concello de Burela, e para calquera dúbida habilitouse o correo electrónico de contacto: burelafempa@gmail.com.
O concurso busca dar continuidade ao traballo realizado ao longo de 2024, cando se acometeron os traballos de reparación do molde ao tempo que se desenvolveron obradoiros interxeracionais coa participación do grupo de adolescencia e da Asociación de Xubilados do Mar A Moncloa. Estes encontros permitiron recoller testemuños e reflexións arredor da memoria mariñeira de Burela.
Durante o período de recepción de propostas organizarase unha xornada de visita ao molde para que as persoas participantes poidan coñecer o espazo e resolver dúbidas co equipo técnico. A resolución do xurado está prevista para o mes de xullo, e a obra seleccionada executarase ao longo do verán.
O proceso de selección terá en conta criterios como a orixinalidade, a innovación artística e a capacidade da proposta para integrar os contidos tratados nos obradoiros, incluíndo retratos e audios de persoas vencelladas ao sector pesqueiro.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.


