Ribadeo, 7 de xuño de 2025. Do 13 ao 15 de xuño terá lugar a quinta edición do Ribadeo Ilustrado, que organiza a Concellería de Cultura. Trátase dun evento que combina música, teatro, historia e visitas patrimoniais, cunha programación que ten como fío condutor a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, o marqués de Sargadelos.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “a cita cultural aposta, unha vez máis, pola divulgación do noso pasado ilustrado e a dinamización do presente local, poñendo en valor os espazos patrimoniais da vila e da contorna. O evento forma parte do proxecto global do Concello para consolidar Ribadeo como un referente cultural e turístico da Mariña Lucense, con actividades que convidan á participación activa e á recuperación da memoria colectiva”.
Antonio Raimundo Ibáñez: industria, ilustración e legado
Antonio Raimundo Ibáñez, natural de Santa Eulalia de Oscos, foi un dos nomes máis destacados do século XVIII na comarca da Mariña. Empresario visionario, impulsou o porto de Ribadeo, converténdoo nun dos enclaves comerciais máis importantes do Cantábrico, con conexións transoceánicas. Máis adiante, fundou a célebre fábrica de fundición e louza de Sargadelos, no concello de Cervo, proxecto industrial pioneiro en Galicia e símbolo do espírito ilustrado.
Sanjurjo subliñou que “este ano, o Ribadeo Ilustrado rende homenaxe á súa pegada en Ribadeo e na contorna con visitas guiadas, paseos escénicos, música tradicional e intervencións teatrais en espazos históricos”.
A edil ribadense dixo que “o Ribadeo Ilustrado é unha aposta pola nosa historia e a identidade. Nesta edición puxemos o foco en Antonio Raimundo Ibáñez, unha vez máis, pero coa prolongación da súa figura, decisiva para a transformación económica da comarca e símbolo do espírito ilustrado que queremos reivindicar”.
E engadiu que “todas as actividades son de balde e pensadas para todos os públicos, cun enfoque inclusivo e divulgativo. Recordamos que a visita do sábado 14 de xuño, que se desenvolverá ao longo de toda a xornada, está centrada na exploración da pegada de Antonio Raimundo Ibáñez na contorna. O desprazamento realizarase en autobús desde Ribadeo ata diferentes puntos de interese: Santa Eulalia de Oscos e Cervo. Debido ao número limitado de prazas, é necesario inscribirse previamente a través da páxina web de turismo de Ribadeo (turismo.ribadeo.org) na sección Momentos, ou ben chamando directamente á Oficina de Turismo de Ribadeo no 982 128 689”.
Programa completo
VENRES 13 DE XUÑO
Casa do Concello – Pazo de Ibáñez
20:15h Presentación da V edición do Ribadeo Ilustrado
20:30h “Camiño á Ilustración”, Noè Rodrigo, marimba
SÁBADO 14 DE XUÑO
Antonio Raimundo Ibáñez e a súa pegada na contorna
09:30h Saída en autobús desde Ribadeo a Santa Eulalia de Oscos. Visita guiada á Casa Natal de Raimundo Ibáñez
13:00h Visita guiada ao centro histórico de Ribadeo
16:00h Saída en autobús cara a Cervo. Visita guiada ao Museo Histórico de Sargadelos
DOMINGO 15 DE XUÑO
Paseo teatral e musical: Ribadeo Ilustrado
Saída: Casa do Concello – Pazo de Ibáñez → Forte de San Damián
11:30h Paseo escénico con paradas históricas, conducido por artistas e agrupacións locais:
11:15h Capela de San Roque: introdución con Carlos Guerra, guía intérprete
11:30h Parada 1: Casa do Concello – Pazo de Ibáñez
11:45h Parada 2: Porta da Vila
11:50h Parada 3: Praza de Abaixo / Concello Vello
12:00h Parada 4: Pazo de Miranda – Grupo de Teatro de Ribadeo
12:10h Parada 5: Fonte dos Catro Canos
12:20h Parada 6: Casa do Patín – Grupo de Teatro de Ribadeo
12:30h Parada 7: Casa de Abaixo – Bengoetxea – Grupo de Teatro
12:40h Parada 8: Restaurante Mariñeiro – Ericas e Peluxias
13:10h Parada 9: Pazo de Guimarán – Asociación Música Tradicional Amigos da Gaita
13:20h Parada 10: Miradoiro de San Miguel – Mano Panforreteiro
13:30h Parada 11: Cargadoiro – Reloxo – EMMD de Ribadeo
13:45h Parada 12: Forte de San Damián – Isabel Díaz-Robles, guía oficial
18:00h VISITA TEATRALIZADA ao Forte de San Damián, protagonizada por Dorinda a augadora e os soldados que gardaban esta histórica fortaleza.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



