Ribadeo, 12 de xuño de 2025. Mañá, venres, arrinca o XVI Torneo Infantil de Fútbol Base da SD Ribadeo, que disputarán ata o vindeiro domingo 44 equipos. O evento reunirá na vila a 750 xogadores, ademais de monitores e familiares.
Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
Desde a organización explican que “conteremos neste torneo con 44 equipos, un procedente do Reino Unido, e chegados desde Cantabria, Castela-León, Asturias e Galicia. A maioría deles estarán en Ribadeo xa desde o venres. Estamos a falar de 750 xogadores, que veñen cos seus adestradores e moitos deles coas súas familias como acompañantes”.
Os partidos disputaranse no estadio municipal Pepe Barrera, en Ribadeo, no Campo do Outeiro, na Devesa, no Campo de As Valgas, en San Miguel de Reinante, e no Campo Trenor, en Barres, na veciña Asturias.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou que “esta fin de semana rematan os torneos organizados pola SD Ribadeo, que encheron Ribadeo de deporte e de visitantes, porque a maioría destes nenos e nenas veñen acompañados das súas familias. Agardamos que gocen do deporte e dos seus valores, que aproveiten para coñecer Ribadeo, que lles gusta e que repitan no verán ou en calquera época do ano”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “este eventos que combinan o deporte co turismo son un revulsivo para o tecido empresarial ribadense. Son citas importantes para a hostalería, para os hoteis e tamén para o comercio antes do inicio da tempada alta”.
Organiza os torneos a SD Ribadeo, coorganiza Deporte Galego e colaboran Concello de Ribadeo, Acisa, Deputación de Lugo, Gadis e Eroski.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



