“Crisálida” é unha peza que combina emoción, reflexión e entretemento, ofrecendo unha experiencia escénica que promove valores de igualdade e transformación persoal. A actividade enmárcase dentro da programación do Área de Muller e Igualdade do Concello de Xove, en colaboración co Ministerio de Igualdad, o Goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo. Desde o Concello de Xove, convidan a toda a veciñanza a participar e a gozar dunha tarde de cultura compartida, reforzando o seu compromiso cunha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria.
