A sala quedou pequena na tarde do mércores 18 de xuño para acoller a presentación do libro “Escultor y proyectista José Otero Gorrita. Entre Santiago de Compostela y Viveiro”, obra de José Luis Otero González. O acto reuniu un numeroso público interesado en coñecer a figura e traxectoria deste artista fundamental na historia da escultura galega. A presentación contou coa intervención do autor, que afondou na vida e obra do seu avó José Otero Gorrita, así como coa participación de Felipe-Senén López Gómez, Francisco Javier Martínez Prieto e José Veiga Golpe quen destacaron o valor documental e artístico do traballo presentado. O ambiente foi de grande interese nun acto que serviu tamén para reivindicar a memoria do historiador de Viveiro Carlos Adrán Goás.
