Barreiros, 12 de xuño de 2025. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de San Miguel de Reinante visitou esta semana a estación de tratamento de auga potable municipal situada na Barranca.
Durante a visita, a cativada estivo acompañada pola concelleira responsable do abastecemento de auga, Montse Porteiro, así como por persoal técnico do servizo de augas municipal.
O obxectivo da xornada foi achegar ao alumnado o funcionamento do ciclo da auga no seu propio concello, coñecendo de primeira man o proceso que segue desde a súa captación no río Forcón ata que chega as súas billas.
O persoal técnico explicoulles que “a captación se facía mediante un pequeno encoro situado río arriba, logo, esa auga chegaba á ETAP por gravidade onde se sometía a un proceso de cloración para eliminar os microorganismos, antes de pasar a uns filtros de area que permiten a sedimentación, chave para capturar e eliminar partículas suspendidas na auga. Unha vez filtrada e clorada, a auga almacénase nun depósito que ten unha capacidade de 900 m³ anexo á ETAP.”
A concelleira Montse Porteiro aproveitou a ocasión para concienciar ao alumnado sobre a importancia de facer un uso responsable da auga, “aínda que poida parecer que vivimos nun lugar no que abunda a auga, o certo é que non podemos captala dos ríos sen limitación. Débese respectar sempre un caudal mínimo para que os ecosistemas fluviais poidan manterse con vida”.
Así mesmo, Porteiro incidiu en que “temos exemplos moi pretos no tempo nos que a auga era un ben abundante e hoxe en día sofren restricións. Por iso, debemos non só facer un uso responsable deste recurso, se non tamén actuar como divulgadores e sensibilizar a outras persoas das repercusións do cambio climático”.
O Concello de Barreiros promove este tipo de actividades que combinan a educación ambiental, o coñecemento técnico e a concienciación social nas novas xeracións para crear unha cultura de respecto e coidado dos recursos naturais.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



