O obxectivo é mellorar a atención turística e promocionar os principais atractivos da zona
Cariño, 4 de xuño, 2025. O Concello de Cariño reactivou a súa Oficina de Turismo co obxectivo de dar un impulso ao sector e ofrecer unha atención máis completa e personalizada ás persoas que cheguen ao municipio na tempada de verán.
O servizo, que se pon en funcionamento cada ano, consta dun punto de atención situado na Casa do Concello, onde unha traballadora atenderá de forma presencial aos visitantes que requiran orientación ou información sobre os principais atractivos turísticos da zona. Así, poñerase en valor Cariño e a súa contorna como un lugar singular e único, zona cero do Xeoparque Cabo Ortegal, distinguido pola UNESCO hai dous anos.
O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas, mentres que os sábados estará aberto só en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. A iniciativa atópase xa en funcionamento de fronte ao comezo da tempada estival.
Con este servizo, xestionado a través dunha empresa especializada, búscase facilitar o acceso á información turística tanto a visitantes como a residentes interesados en descubrir máis sobre a riqueza patrimonial, natural e cultural do concello cariñés.
A alcaldesa do municipio, Ana María López, comenta que “el objetivo final de este servicio es el de dar respuesta a las necesidades de quienes nos visitan y, al mismo tiempo, dar a conocer todo lo que Cariño puede ofrecer”. En esta línea, la regidora subraya que “ayudará a fortalecer la imagen del concello como un destino atractivo dentro de nuestra comarca, contribuyendo con ello al desarrollo económico y social de Cariño”.