Os populares logran o apoio á súa iniciativa para que se aplique a exención fiscal aos mariñeiros que faenan en augas internacionais
A Mariña, 26 de xuño de 2025. O veto da única senadora do Bloque Nacionalista Galego, María Carme da Silva, impediu incorporar unha emenda formulada polo Partido Popular na que demandaba ao Goberno de España a actualización dos coeficientes redutores que permiten a xubilación anticipada para os profesionais do mar.
Os populares pedían a creación dun grupo de traballo no que estiven representados o Goberno de España, o sector, e as comunidades autónomas con intereses pesqueiros para revisar e, no seu caso, modificar os coeficientes redutores que se veñen aplicando aos profesionais do mar.
En cambio, nesa mesma Comisión de Pesca do Senado, o voto do PP fixo posible aprobar unha iniciativa nacionalista para que a frota palangreira e arrastreira que faena en augas internacionais, maioritariamente galega, teña a consideración de buques conxeladores e, polo tanto, acceda a un coeficiente redutor do 0,40. Os criterios que pretenden impoñer desde o Ministerio de Seguridade Social deixan fóra a este segmento de frota da posibilidade de aplicar estes beneficios o que supón unha clara discriminación.
EXENCIÓN FISCAL AOS MARIÑEIROS
Por outra banda, o PP logrou sacar adiante, sen ningún voto en contra, a súa iniciativa na que esixe a exención fiscal aos mariñeiros que faenan na estranxeiro. Recentemente o Tribunal Supremo facultou nunha sentenza que abre a porta a miles de mariñeiros españois que faenan en augas internacionais para que se beneficien de non abonar o IRPF dos primeiros 60.100 euros que ingresan, algo que ata o de agora viñan desembolsando e que non tiñan que pagar as tripulacións dos barcos con bandeira estranxeira.
Os populares confían en que esta medida, a exención fiscal sobre as rendas do traballo obtidas no estranxeiro, sirva para facer máis atractiva esta actividade, contribúa ao relevo xeracional e a combater a escaseza de traballadores neste sector.