Ribadeo, 4 de xuño de 2025. O Grupo Tradicional Marbadás, pertencente á Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, xunto coa Asociación Amigos da Gaita, actuarán o vindeiro sábado, 7 de xuño, na localidade berciana de Ponferrada.
Participarán na VI Gandaina Urbana, organizada pola Asociación Cultural Abelladeira. Desfilarán polas rúas do casco antigo de Ponferrada e actuarán na Praza da Encina xunto á Banda de Gaitas anfitrioa.
Unha vez rematada esta parte do evento, dará comezo o Baile do Candil, no que diferentes agrupacións realizarán pequenas intervencións para amenizar o baile. Nesta ocasión o tamén grupo ribadense Cuarteto Illa Pancha será o encargado de representar á nosa vila.