Viveiro, 21 de xuño, 2025. Pasaron xa 100 días dende que o Partido Popular asumiu o goberno en Viveiro.
Desde o partido socialista apuntan que: “Non é moito tempo, é certo, pero sí o suficiente para facer unha reflexión responsable e serena sobre a súa xestión e sobre o rumbo que, polo de agora, está a tomar o noso Concello”.
“Nestes tres meses non se fixo público ningún compromiso concreto por parte da Alcaldesa nin do seu equipo. É especialmente chamativo tendo en conta que a moción de censura foi xustificada cun suposto acordo de 6 millós de euros para Viveiro,. A día de hoxe, nada se sabe deses fondos. (Soamente o anuncio do suposto paseo á beira da ría que se vai facer no muelle.) Nin unha soa palabra sobre a súa concreción, nin un proxecto anunciado, nin unha explicación para a veciñanza”.
“Mentres tanto, o único que están a facer é executar proxectos que deixamos preparados dende o anterior goberno socialista. E iso paréceme importante dicilo con claridade”, apunta María Loureiro.
“Durante o ano e medio que a Alcalesa estivo na oposición sufrimos o despretixio e críticas constantes pola súa parte e polo Partido Popular. Chegaron a acusarnos de non facer nada, de ser un goberno paralizado. Hoxe vemos que, lonxe de estar paralizados, traballamos e deixamos moitas cousas encamiñadas”, engade.
“Proba diso é que agora mesmo seguen adiante actividadesque iniciamos os socialistas. O Mercado Renacentista, a presencia de Viveiro na Feira internacional da Semana Verde de Silleda, o Campamento de Verán gratuito para nenos e nenas para garantizar a conciliación laboral das familias. As obras que se están a facer nas piscina, a instalación da deshumefectadora, para abrir o vaso pequeno, e o proceso de licitación de máquinas para renovar o ximnasio tamén da piscina Municipal, esto gracias a un convenio que firmei coa Deputación de Lugo. Fai uns días a Alcaldesa acudiu a Xixón a firmar o protocolo de Colaboración da Rede de Municipios do Camiño de Santiago a Vela, polo que Viveiro recibe a Expedición da travesía Intenacional ”Navega o Camiño”, unha inciativa tamén do Goberno socialista para promocionar e darlle visibilidad ao Camiño do Mar dende hai 10 anos.
E obras que están a rematar, Rúa do porto de Celeiro, Beirarrúas de Magazos… e as obras que están previstas do plan Deputación 2025”.
“Tamén as dificultades coas que agora se atopan -cadrar os orzamentos, manter as subvencións ás asociacións culturais e deportivas- son as mesmas que nós sufrimos, e sin o apoio da Xunta de Galicia. A pesar diso buscábamos alternativas”.
“Como as últimas subvencións aos clubes e asociacións culturais que se deron gracias a un convenio extraordinario coa Deputación de Lugo”.
“Non quero que este escrito quede nun reproche, senón unha chamada á honestidade. Gobernar un Concello require humildade, coherencia e tamén continuidade cando as cousas se fan ben. Oxalá se presenten novos proxectos para Viveiro, porque iso bo para os veciños/as. Pero mentres tanto, creo que é xusto que a cidadanía saiba que, se algo se está facendo en estos últimos meses e gracias ao traballo e ao esforzo do anterior equipo de goberno.
Seguirei traballando dende a responabilidade e o compromiso. Sempre co mellor para Viveiro como prioridade”, conclúe Loureiro.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



