Burela, 28 de xullo, 2025. A almeriense Laura Barranco Oskina (Dalías, 23-11-2005) será xogadora do CD Burela FS en 2025-26. A ala de 19 anos convértese na cuarta peza do cadro de Belén Feal, xunto á brasileira Ana Eliza e as mariñás Lara Díaz e Silvia Rubal.
“Estou moi ilusionada; para min é un privilexio formar parte dun club que deixou pegada no fútbol sala. Chego con moitas ganas de medrar e de aprender das miñas compañeiras e do corpo técnico. É un gran reto, veño para contribuír ao grupo con todo o que estea na miña man”, explicou a novísima xogadora, que xa conta entre os seus éxitos co de ser campioa de Segunda División en 2024 con La Algaida Futsal, equipo co que xogou a promoción de ascenso esa tempada, ademais de ser campioa de España coa Selección da UCAM o mesmo ano.
Para Laura este será un gran cambio de aires: “É duro porque deixo a miña familia; vou porque para min é un soño. Quero conseguir o que levo perseguindo desde pequena. Tamén o fago por todos eles porque sei que me van estar apoiando”, confesaba así a andaluza, que recalará na Mariña despois de formarse na base de Dalías, o Federico García Lorca de Vicar e El Ejido Futsal, co que se converteu na máxima goleadora en categoría xuvenil. Dúas tempadas en Segunda División neste conxunto déronlle a oportunidade de seguir medrando na categoría de prata e gozar da promoción de ascenso con La Algaida Futsal, tras a cesión do Roldán FSF; despois dunha curta experiencia en Eivissa a través tamén do club murciano, chega a Burela.
A nova xogadora laranxa ten xa ganas de sentir a calor de Vista Alegre: “Coñezo o ambiente pola tele, vese unha afección unida. Creo que vou estar moi orgullosa deles e tentarei dalo todo para que eles tamén estean orgullosos de min tanto colectiva como persoalmente”.





















Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


