A iniciativa ofrecerá formación gratuíta en deseño e impresión en 3D, robótica e programación os días 11, 12 e 13 de agosto
Barreiros, 31 de agosto de 2025. O Concello de Barreiros, a través da súa aula CeMIT e, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, acolle o programa “Tech Kids: Argallando entre xeracións”, un obradoiro creativo de 3 días de duración para espertar o talento dixital e a capacidade de innovación entre a mocidade. A formación terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto, en horario de 9:30 a 12:00 horas na aula CeMIT de Barreiros.
Esta iniciativa, dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas preferentemente entre os 12 e os 18 anos, ten dous obxectivos claros: por unha banda, familiarizar á rapazada coas tecnoloxías disruptivas que definen o presente e o futuro; e por outra, desenvolver competencias transversais como a resolución de problemas, o pensamento crítico e o traballo en equipo nunha contorna colaborativa.
Durante o obradoiro, que será meramente demostrativo e experimental, a mocidade poderá practicar:
Deseño e fabricación de obxectos con impresoras 3D
Robótica educativa
Iniciación á programación e creación de videoxogos
Experimentación con electrónica.
As persoas interesadas poden obter máis información na propia aula CeMIT de Barreiros ou chamando ao 666.87.59.46. As prazas para o obradoiro son limitadas e a rapazada participante no programa +Mocidade do Concello de Barreiros terá preferencia na asignación das mesmas. Requírese inscrición previa.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



