Xove, 9 de xullo, 2025. A praia de Esteiro do Concello de Xove, recibiu unha vez máis, a prestixiosa Bandeira Azul, un símbolo que destaca o compromiso coa calidade medioambiental, a sostenibilidade e a seguridade nas nosas costas.
A adxudicación da Bandeira Azul impulsa a imaxe de Xove como destino turístico e natural de referencia, atraendo a un público que valora a sostenibilidade na xestión ambiental.
No acto de izado da bandeira, que tivo lugar este martes, estiveron o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo e Medio Ambiente Cecilia Duarte, xunto ao xerente de Esteiro Surfing e Surf Café, Nacho, o monitor de surf Xoel e os socorristas José Ramón e Brais, que cada ano vixían e coidan o benestar da praia e dos milleiros de visitantes que a ela acoden.
Día para celebrar este logro que pon en valor o esforzo colectivo por manter os nosos espazos naturais en perfecto estado. A Bandeira Azul é un distintivo internacional, que recoñece a aquelas praias e portos deportivos que cumpren con rigurosos criterios de calidade en áreas como a limpeza, a accesibilidade e os servizos de conservación do entorno natural.
Este recoñecemento non só é un motivo de orgullo para o municipio de Xove, senon que tamén destaca o esforzo continuo da administración local e a colaboración dos cidadáns na preservación e millora das nosas praias.
Tamén se izou a Bandeira do programa “Praias sen fume”, consolidando así o noso compromiso coa saúde pública e a protección do medio ambiente. A iniciativa busca fomentar espazos libres de fume en contornas naturais, especialmente nas zonas costeiras máis frecuentadas durante os meses de verán. A sinalización da praia como espazo sen fume ten carácter voluntario e educativo, e non leva aparellada sancións, preténdese, sobre todo, sensibilizar á cidadanía sobre os efectos nocivos do tabaco e reducir a presenza de cabichas na area, un dos residuos máis contaminantes e difíciles de eliminar.
Dende o Concello de Xove, “agradecemos o apoio de todos aqueles que fan posible que a praia de Esteiro siga sendo un referente de calidade e sostenibilidade. Invitamos a todos a desfrutar deste marabilloso entorno natural e a seguir contribuíndo ao seu coidado”.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



