Ribadeo, 19 de xullo de 2025. A Xunta investirá 326.000 euros na substitución do peche perimetral do Ceip Gregorio Sanz. O proxecto está en fase de licitación. O alcalde, Dani Vega, subliña que se trata dunha xestión acertada e moi demandada.
O rexedor explicou que “a Xunta xa sacou a licitación a substitución do peche perimetral do Gregorio Sanz. Son 326.000 euros de inversión. Unha xestión creo que acertada, porque o peche está moi deteriorado, xa leva con problemas varios anos e había que tomar unha decisión. É verdade que hai moitas necesidades, pero debemos priorizar. Hai puntos do peche que xa temos reforzado, porque hai unha falta de seguridade moi importante e non podemos permitir que por unha falta de xestión, unha falta de traballo, teña consecuencias sobre o alumnado de Ribadeo”.
Vega lembrou que “xa hai tempo que empezabamos a traballar, redactouse o proxecto, agora está en fase de licitación e en breve comezarán xa as obras. Trátase dunha boa noticia, que evidentemente non é só cousa do Concello, senón que tamén hai que agradecer á Ampa do Gregorio Sanz, tamén a dirección e ao profesorado, que estaba preocupado pola situación, e tamén a moitos pais e nais, que nos trasladaban que había que facer algo. E despois dese traballo conxunto, entre todos, que é como se deben facer as cousas, conseguimos que a substitución do peche perimetral do Gregorio Sanz sexa unha realidade”.
O alcalde considera que “queda moito máis por facer, pero pouquiño a pouco vamos facendo, recordade a gran inversión de mellora de todo o colexio, agora o peche perimetral e seguiremos actuando tamén en certa cuberta e tamén na casa do conserxe. Pouco a pouco, boas novas, novas xestións e novas inversións”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



