A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou hoxe as instalacións remodeladas, que ademais prestan servizo a outros tres concellos da zona
Foz, 17 de xullo de 2025. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo secretario xeral técnico do seu departamento, Jorge Atán, visitou hoxe a oficina rural de Foz, cuxo mobiliario vén de ser renovado cun investimento de máis de 32.000 euros. Na visita, a conselleira salientou que estas instalacións dan servizo aos concellos de Alfoz, Burela e O Valadouro -ademais do de Foz- e que constitúen un punto de atención fundamental para o sector agrario da comarca. Engadiu que, só no ano 2023, esta oficina xestionou máis de 250 solicitudes da Política Agraria Común (PAC), o que reflicte -destacou- a súa relevancia no territorio.
Así mesmo, Gómez puxo de relevo que esta oficina tamén é un punto de referencia para o desenvolvemento de labores de titoría técnica dirixidas ás persoas mozas que se incorporan á actividade agraria, dentro do esforzo da Consellería a prol da remuda xeracional no rural. E subliñou que precisamente esta semana estase levando a cabo unha actividade titorizada en grupo sobre a nutrición sostible de solos agrarios nunha explotación. Neste contexto, a conselleira quixo agradecer “o esforzo dos técnicos por informar e asesorar aos profesionais do agro e a aqueles que se están iniciando neste camiño”.
Achegar a administración á cidadanía
Neste sentido, a titular de Medio Rural reiterou o compromiso do seu departamento por achegar a administración á cidadanía a través da modernización e mellora da rede de oficinas que, como esta, dan servizo aos habitantes das zonas rurais. Así, lembrou que a remodelación levada a cabo en Foz forma parte do Plan de infraestruturas da Consellería 2021-2026, que conta cun orzamento global de 43 millóns de euros. Deles, 8 millóns foron destinados á mellora das 59 oficinas rurais repartidas por toda Galicia, unha liña de traballo na que se seguirá afondando.
A conselleira subliñou que os obxectivos que se perseguen con este plan son os de reforzar a presenza territorial de Medio Rural, mellorar a atención ao sector e fortalecer o dispositivo de prevención de incendios e a administración forestal. Concluíu, asemade, que deste xeito a Xunta reafirma o seu compromiso coa mellora dos servizos públicos no rural e co achegamento da administración á cidadanía, garantindo unha atención máis moderna, eficaz e próxima.
Preocupación pola nova PAC
Sobre a presentación da nova PAC a partir de 2027, a conselleira amosou a preocupación do Goberno galego pola proposta da Comisión Europea feita pública no día de onte, ao considerala lesiva para os intereses dos gandeiros e agricultores da nosa comunidade. Lamentou que non se tiveran en conta as propostas que se defenderon sempre desde Galicia para seguir contando cunha PAC con recursos suficientes, cun fondo diferenciado e co mantemento dos seus dous piares. “Demandabamos un fondo suficiente, que vemos reducido polo menos nun 20% e sentimos tamén unha gran preocupación polo fondo Feader que en Galicia é esencial para seguir apostando por unhas explotacións sustentables e adaptadas ás necesidades, para o desenvolvemento rural e para a remuda xeracional”, lembrou Gómez.
Ademais, avogou por continuar cunha Política Agraria Común “forte e diferenciada” porque -advertiu- “é imprescindible para seguir contando cun medio rural produtivo e competitivo”. Nesta liña, avanzou que tanto Galicia como outras comunidades autónomas van solicitar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapa) a convocatoria dunha Conferencia Sectorial urxente e monográfica.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



