Ribadeo, 1 de xullo de 2025. Esta fin de semana, desde o venres día 4 de xullo ata o domingo 6, celebrarase en Ribadeo a décimo terceira edición do Curso de Jazz e Música Moderna. E aínda quedan algunhas prazas libres para participar en todas as especialidades, pero na de piano están a piques de esgotarse.
O curso está organizado pola asociación cultural ribadense Bruar e o presidente do colectivo, Rubén Solloso, explica que o curso vai desenvolverse en horario de mañá e de tarde e será impartido por cinco profesores de distintas especialidades: “da batería encargarase Sergio González. A sección de vento estará a cargo do saxofonista Pablo Castaño. A parte de guitarras e baixos correrá por conta de Felipe Villar. E a de piano será impartida por a pianista catalana Cristina Montull. Por último a parte vocal será levada pola cantante coruñesa Ángeles Dorrio”.
Rubén Solloso explica que “é a décima terceira edición deste curso, que é modesto e que pelexamos moito para seguir facendo ano a ano porque é un tipo de música que non é tan popular como outros; entón intentamos que a xente se achegue a este estilo. Normalmente temos entre 15, 20 ou 30 participantes, polo que tocan a moi pouco alumnado por profesor. É por iso que cremos que é un curso moi interesante porque durante 3 días cada profesor/a ten moito tempo para ofrecer unha atención moi personalizada a cada participante. E todo isto por un prezo moi económico. Ademais ao final do curso facemos un concerto de clausura, que será o domingo 6 de xullo ás 19:30 horas ao lado do Concello, na praza Pancho Maseda”.
En canto á matrícula, “o prezo varía: se é para alumnado da Escola de Música de Ribadeo son 70 euros; para socios da asociación cultural Bruar, que somos os que organizamos o curso, 60 euros; e para o público en xeral ou alumnado doutras escolas, 80 euros”, especifica Solloso, que ademais aclara que “este curso está aberto a todos os músicos desas especialidades que ofrecemos, pero recomendamos que o alumnado teña un mínimo dominio do instrumento. É un curso de iniciación, pero o dominio de instrumentos si que hai que telo; recomendamos que leven polo menos uns 4 ou 5 anos de práctica instrumental para poder aproveitar ben o curso”.
O prazo de inscrición para participar está aberto ata este mércores, día 2 de xullo, e as persoas interesadas en máis información sobre o curso e para matricularse poden contactar con Rubén Solloso a través do teléfono 677.73.40.84.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



