A Vicepresidencia da Deputación impulsou a posta en marcha desta rapa da man de Equus Norte
A Pontenova, 19 de xullo de 2025. O deputado de Rural Daniel García achegouse esta mañá á Rapa das Bestas de Neipín, organizada pola Asociación Equus Norte coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Unha vintena de aloitadoras e aloitadores traballaron no rapado e no marcado dos animais no curro da Cruz do Couso, onde se reuniron centos de persoas para seguir este ritual vinculado a cría de cabalos no monte.
Daniel García destacou “a boa acollida desta rapa que apoiamos desde o inicio, investindo na infraestrutura necesaria para organizala” e destacou “a presenza de mocidade loitando cos cabalos no curro como mostra da vitalidade desta tradición que reflicte unha forma de vida e de relación cos animais e co territorio que forma parte do noso patrimonio”
A rapa máis nova da Mariña consolídase con esta segunda edición, que serviu tamén de plataforma para a promoción de produtos de razas autóctonas coa degustación de hamburguesas de carne de poldro de Pura Raza Galega na hostelería da vila na noite de venres, o marco do programa Un gusto de rural, un rural degusto.
Ademais de contribuír aos gastos derivados da propia xornada, a área de Rural, que financiou a instalación do curro para a primeira edición, impulsou este ano novas melloras como a compra dun peche móbil para reter os animais antes do inicio da rapa ou a instalación dun fito informativo a carón curro.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



