Ribadeo, 15 de xullo, 2025. Xa está de volta o grupo de 32 persoas que se desprazou a Loktudi, a localidade da Bretaña francesa irmandada con Ribadeo, entre os días 1 e 9 deste mes. O programa de actividades foi moi completo e variado, e o cariño e o trato mostrados polas familias acolledoras foi excepcional.
Os días 1 e 2 corresponderon á viaxe de ida, durante a cal foron visitadas as localidades de Mutriku, Castets e La Roche-Bernard. Á chegada a Loktudi, co emotivo reencontro entre familias, actuou a Bagad da localidade, a súa banda de música tradicional bretoa.
Na mañá do día 3 moitas persoas optaron pola visita ao mercado de Pont-L’Abbé. A mediodía actuou o coro do alumnado do colexio Saint Tudy. Despois da comida campestre, e da iniciación á nosa billarda, tivo lugar a visita guiada á interesante Igrexa románica de Loktudi, que albergaba ademais unha exposición temporal sobre o Camiño de Santiago. No seu exterior está a cruz de pedra sobre o menhir debuxada e comentada por Daniel Castelao no seu libro As Cruces de Pedra na Bretaña. A continuación tivo lugar a inauguración do indicador da distancia a Ribadeo a voo de páxaro, ou sexa, en liña recta, que marca 950 km. Seguiu a recepción na Casa do Concello, coas intervención do Alcalde de Loctudy e do Presidente da Asociación de irmandade desa localidade, a lectura das palabras do noso alcalde, Daniel Vega, e a intervención do Presidente da Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi, Anxo Martíns. Durante o acto, convidouse ás presentes a visitar Ribadeo en 2026 coincidindo coa celebración do vixésimo aniversario da sinatura da carta de irmandade. A xornada rematou coa cea de confraternidade servida no Domaine (pazo) de Dourdy.
A mañá do venres 4 foi dedicada a distintas actividades opcionais: taller de pintura, visita a unha galería de arte, visita ao museo da conserveira e visita ao Manoir (pazo) de Kerazan. A tarde foi libre coas familias.
O sábado 5 saíron de excursión á Costa de Granito Rosa, situada xa na ourela do Canal da Mancha, na parte oposta á costa sur da Bretaña onde se encontra Loktudi. Á parte da visita a esa magnífica paraxe, no percorrido puideron coñecer os Monts d’Arrée ou o Calvario de Pleyben. Ao regreso a Loktudi, aínda figuraba no programa o Fest-Noz, a festa de música e danza tradicional bretoa, na Praza do Concello.
O domingo 6 foi o día das familias, sen actividades de grupo, e no que as distintas persoas que os acollían organizaron a xornada.
O luns 7, último día da estancia, foi dedicado á Base de Lorient, a antiga base alemá de submarinos durante a Segunda Guerra Mundial. Foi unha visita sorprendente a un lugar espectacular e cargado de historia, que non deixa de impresionar. Á tarde, despois da travesía en barco, foi a visita á Cidadela de Port-Louis, exemplo de enxeñería militar defensiva.
Na mañá do martes 8 foi o momento das despedidas, agardando polo reencontro do ano que ven. A viaxe de volta foi aproveitada para visitar La Rochelle, Hondarribia e Santillana de Mar.
Durante estes días houbo de todo, desde música tradicional e iniciación á danza bretoa, visitas a lugares da localidade, a exposicións na mesma, ou á antiga fábrica de conservas de sardiña; a lugares de enorme interese natural-paisaxístico, como a Costa de Granito Rosa, ou histórico, como no caso da Base de submarinos de Lorient.
Tamén puideron presenciar directamente o interese por reforzar a Irmandade, como demostra a iniciativa no novo indicador quilométrico de Ribadeo, que segue a paneis xa existentes, a existencia do barco Ribadeo, aos intercambios entre o instituto de Ribadeo e o de Pont-l’Abbé, ou ao progresiva ocupación da Rúa Ribadeo, inaugurada agora fai dous anos.
Queda aberto un amplo campo de traballo para ampliar as relacións de intercambios a novos ámbitos, axentes e asociacións de ambas localidades, e á celebración do XX aniversario do irmandamento. A eses obxectivos compromete os seus esforzos a Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi.























Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



