As crianzas da escola infantil municipal de Cervo acompañadas das súas familias e do persoal do centro, gozaron dunha xornada inesquecible en contacto coa natureza. Montaron a cabalo, plantaron, fixeron pan, visitaron aos animais da granxa (galiñas, coellos, cabras…) e mesmo os alimentaron. Para rematar, compartiron un delicioso picnic todos/as xuntos/as. Un día cheo de aprendizaxes, convivencia e moita alegría, onde crianzas e familias compartiron experiencias e reforzaron os lazos da nosa comunidade educativa.
