A nova executiva local combina experiencia e renovación, cun equipo plural comprometido cos retos sociais, económicos e territoriais do municipio
Viveiro, 1 de xullo de 2025. O PSdeG-PSOE de Viveiro renovou esta semana a súa Comisión Executiva Municipal, nunha asemblea na que foi reelixida María Loureiro García como Secretaria Xeral. A nova dirección local está conformada por un equipo plural, representativo e comprometido coa realidade social, económica e territorial do municipio.
Segundo sinalan desde a formación socialista, a nova executiva combina experiencia e renovación, e nace coa vontade de recuperar a confianza, a participación e a ilusión da militancia e da veciñanza. O obxectivo da nova dirección é fortalecer o partido a nivel local, ampliar a súa base social e construír unha alternativa de futuro para Viveiro desde os valores da esquerda.
A nova executiva queda conformada polos seguintes cargos:
Secretaria Xeral: María Loureiro García
Vicesecretario Xeral: Jesús Fernández Cal
Secretaria Organización: María del Carmen Franco Díaz
Secretario de Política Municipal, Economía e Facenda: Jesús Fernández Fernández
Secretaría de Industria, Comercio y Turismo: Jacobo Bermúdez
Secretaría de Medio Rural: Vicente Hermida Rodríguez
Secretaría de Política Social, Muller e Igualdade: Covadonga Viamonte Aguiar
Secretaría de Xuventude, Innovación e Novas Tecnoloxías: Iber Xosé Sánchez Rey
Secretaría de Educación y Deportes: Andrea Ríos Rodríguez
Desde o PSdeG-PSOE de Viveiro explican que se trata dun equipo organizado arredor das áreas clave do municipio, cunha estrutura inspirada no propio organigrama do Concello e nos perfís das persoas que integran a executiva. Cada secretaría foi deseñada tendo en conta a experiencia ou motivación específica das persoas responsables, coa finalidade de desenvolver un traballo útil e pegado á realidade.
Entre as primeiras liñas de acción da nova dirección local destacan:
A reactivación da actividade política nas parroquias, cunha presenza directa da executiva e das persoas militantes interesadas en participar.
A organización de encontros, campañas e espazos formativos que dean protagonismo á base militante.
A posta en marcha de accións abertas á cidadanía, campañas de afiliación e iniciativas para atraer persoas novas, mulleres e colectivos con interese en construír un Viveiro máis xusto e igualitario.
Desde a executiva local subliñan que “O PSdeG-PSOE forma parte da historia deste concello e tamén queremos que sexa parte do seu futuro: un futuro con dereitos, con servizos públicos de calidade e con oportunidades para toda a veciñanza”.
“Afrontamos esta nova etapa con ilusión renovada e co compromiso firme de facer do socialismo viveirense unha ferramenta moderna, útil e centrada nas persoas”, conclúen.