Desde este martes, os socorristas velan pola seguridade dos bañistas durante toda a tempada estival
Cervo, 1 de xullo do 2025. A Praia do Torno, en San Cibrao, xa exhibe a súa Bandeira Azul para este verán, tras o acto de izado oficial celebrado durante a fin de semana, este domingo. O galardón, que outorga a ADEAC, certifica a calidade das augas, a seguridade, os servizos e o respecto ambiental deste areal que verán tras verán é un referente na Mariña.
No acto participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, os concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, e membros da asociación Mar de San Ciprián.
A alcaldesa, que puxo en valor o traballo realizado para manter os estándares de calidade que esixe este recoñecemento, subliñou a importancia deste distintivo para o municipio porque “a Bandeira Azul non só acredita a calidade ambiental da nosa praia, senón que é tamén un compromiso con veciños e visitantes para ofrecer un espazo seguro, limpo e con servizos de primeiro nivel. É un orgullo para nós manter este recoñecemento ano tras ano”.
En materia de seguridade, o Concello confirmou que os socorristas empezarán a traballar este mesmo martes, día 1 de xullo garantindo vixilancia e atención ás persoas usuarias durante tres meses, coincidindo coa tempada alta de verán.
Desde o Concello de Cervo convidan a toda a veciñanza e visitantes a achegarse á Praia do Torno, pero tamén a descubrir e gozar dos demais areais do municipio, todos eles espectaculares e cunha beleza única, que fan de Cervo un destino litoral privilexiado na Mariña lucense.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



