O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

www.ernestoaradilla.com
Burela, 31 de xullo, 2025. Os camiños de Meira e o Burela FS vólvense atopar seis meses despois de que o ala-peche brasileiro abandonase a disciplina burelista para xogar a segunda metade da tempada pasada no Unión África Ceutí, logo de que na primeira metade só participase en seis encontros coa camiseta laranxa. Deste xeito, Meira regresa ao Burela FS coa firme intención de “rematar algo que quedou incompleto”. Con esta incorporación, o club busca contar cun xogador disciplinado tacticamente, con experiencia na máxima categoría, que sabe moverse co balón nos pés e que achegue continuidade en ataque ao equipo.
Guilherme Meira Acioli (São Paulo, 26/04/1996) é un ala-peche destro de 29 anos xa curtido despois dunha carreira na que competiu nas primeiras categorías do seu país natal, Portugal e España. Criado nas categorías inferiores do Corinthians, deu o paso ao primeiro equipo na campaña 2014/2015 e mantívose no equipo paulista ata a 2017/2018. Despois incorpórase ao Copagril unha campaña e desde aí dá o salto ao fútbol sala portugués na 2019/2020, xogando primeiro un curso nos Beleneses e comprometéndose na 2020/2021 co AD Fundão. Unha tempada máis tarde pasa ao fútbol sala español competindo dúas campañas co Jimbee Cartagena e regresando ao seu país na 2022/2023 para vestir a camiseta do histórico Carlos Barbosa. Tras media tempada recala de novo no Fundão e o pasado curso arriba a Burela para competir novamente en Primeira División. Como laranxa disputou 6 encontros, todos eles empezando como suplente. En xaneiro, tras deixar de entrar nos plans de David Rial, ficha polo Unión África Ceutí e non pode evitar o descenso do cadro norteafricano -agora repescado de novo á categoría- a pesar dunha notable achega con 16 encontros disputados e 4 goles anotados.
O futbolista brasileiro recoñece que aceptou a proposta da entidade “porque necesitaba rematar algo que quedou incompleto”, confesa. É por iso que agarda “que a segunda etapa sexa moito mellor que a primeira, así que imos escribir unha nova historia e que estea cargada de bos capítulos e excelentes recordos”, afirma.
Meira defínese como un futbolista que “deixa todo na pista, coma se fose un afeccionado máis dentro dela, e que tenta ser un xogador completo e que axuda ao equipo en todas as situacións do partido”, apunta. O ala-peche paulista espera achegar “moito traballo, dedicación e a ilusión de poder levar ao equipo de novo á máxima categoría. Será unha tempada moi importante e espero que podamos facer cousas bonitas na liga”, avanza.
Finalmente, ten unha mensaxe para a Familia Laranxa. “Veño con moita ilusión e cunha débeda pendente. Oxalá que esta vez saia todo ben e, como dixen, deixarei todo o meu esforzo dentro da pista en cada momento. Imos necesitar de todo o apoio da afección para chegar lonxe e cada partido na casa será de suma importancia para iso. Que sexa unha historia fermosa e de moito éxito!”, conclúe Meira.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


