Esta nova edición aspira a superar as boas cifras de público conseguidas o verán pasado, con máis de 500 espectadores en total entre todos os concertos
Ortigueira, 31 de xullo de 2025. O Concello de Ortigueira presenta unha nova edición do ciclo musical Sons do Claustro, que encherá de música e arte as tardes de domingo do mes de agosto no claustro do Concello, sempre ás 20:00 horas con entrada gratuíta ata completar aforo. En caso de condicións meteorolóxicas adversas, os concertos trasladaranse ao Teatro de Beneficencia. Esta nova edición aspira a superar os máis de 500 espectadores que acudiron aos concertos programados durante o verán pasado.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “Sons do Claustro supone una apuesta clara por acercar la música en directo a la ciudadanía y a quienes nos visitan en verano. La programación de este año es variada y de gran calidad, pensada para todos los públicos” y añade que “el claustro es un entorno privilegiado, que permite disfrutar de la música en un espacio singular y patrimonial”.
A programación inclúe:
Habana Café Son (3 de agosto). Habana Café Son é un grupo dedicado á música tradicional cubana en vivo, formado por baixo, guitarra, percusión e voces, que interpreta tanto clásicos do son cubano como temas actuais con sabor caribeño. A súa proposta evoca o espírito dos ritmos cubanos auténticos e achega enerxía vibrante a festivais e eventos culturais.
Coral de Cantigas e Agarimos (10 de agosto). Esta agrupación folclórica, con orixe na Coral Queixumes dos Pinos de 1921, é unha das catro corais históricas do folclore galego e desenvolveu unha traxectoria comprometida coa difusión da música tradicional galega. Esta actuación chega da man do programa Danza 3 de AGADIC, levando canto e folclore a múltiples concellos galegos.
The Duellist (17 de agosto). Trátase dun proxecto musical que combina violín, violoncelo e guitarra. A súa misión é achegar ao público as sensacións que achega a música en calquera das súas manifestacións, iniciando cun repertorio de música clásica, continuando con bandas sonoras de películas, obras populares do folclore mundial, e agora tamén, o rock.
Ton Risco e Marcos Teira (24 de agosto). Este dúo combina o vibráfono do ourensán Ton Risco —formado en música clásica e jazz, colaborador de artistas nacionais e internacionais— coa guitarra flamenca jazzística de Marcos Teira. O seu disco Circum (2023) explora sons que mesturan flamenco, jazz e world music, e inclúe versións como “Alfonsina e o mar” reinterpretadas desde unha perspectiva contemporánea e moi orixinal.
Aló Django Swing Trio (31 de agosto). Proxecto galego afincado en Santiago de Compostela que bebe do jazz manouche, a música xitana centroeuropea e o swing acústico ao estilo de Django Reinhardt. O seu espectáculo combina música, claqué e interacción cómica co público, xerando un ambiente lúdico e elegante á vez.
A exposición pictórica de Tomás Caula completará esta programación cultural; poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 14:00 h e os domingos de 18:00 a 21:00 h, ofrecendo unha proposta cultural multidisciplinar que combina música e artes plásticas nunha contorna única.



















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



