O Vicedo, 25 de xullo, 2025. “Á falta de médicos, agravada á súa vez, polo período estival, que duplica a poboación nos concellos Mariñáns, séguese sumando a opacidade nas interminables listas de espera para un especialista no Hospital da Mariña”, aseguran desde Médicos no Vicedo Xa.
“Sabendo que unha boa mediciña de familia e unha visita a tempo na consulta co especialista para un diagnóstico cedo, aumenta as posibilidades de éxito no tratamento dalgunhas enfermidades”.
“O SERGAS, a través do xerente da área sanitaria da Mariña, Ramón Ares, mantén unha censura sobre a información dos servizos sanitarios, mandando retirar os carteis que informan da ausencia de médicos nos centros de saúde en días concretos”, engaden.
“Lamentable tamén a actitude dalgúns políticos locais que, no canto de defender os intereses dos seus veciños, soamente preocúpanse pola falta de asistencia sanitaria nesta época do ano”.
Por todo isto, o vindeiro domingo 27 de xullo, ás 11:30 horas, o colectivo de “Médicos no Vicedo Xa” volverá saír de manifestación polas rúas do Vicedo.