Os socialistas denuncian que o goberno do PP non respecta os acordos plenarios, entorpece a labor da oposición e dá as costas aos problemas da veciñanza
Abadín, 31 de xuño de 2025. O PSdeG-PSOE de Abadín denuncia que o alcalde, Xosé María López Rancaño, volveu incumprir o acordo plenario que establece a celebración periódica dos plenos ordinarios, ao non convocar o correspondente ao mes de xullo, que debía celebrarse este venres.
O voceiro socialista, Pablo Díaz López, sinala que o pleno ordinario estaba previsto para o día 25 de xullo, pero ao coincidir con festivo debía reprogramarse, segundo marca o propio regulamento e o calendario aprobado pola Corporación. “Nada se sabe da nova data, nin se nos informou, nin hai vontade de convocalo. O alcalde non respecta os acordos plenarios”, denuncia.
Para o grupo municipal socialista, esta actitude revela un desprezo absoluto pola vida democrática no Concello de Abadín, xa que os plenos son o principal espazo de control ao goberno, de rendición de contas e de atención ás demandas da veciñanza. “Se non hai plenos, non hai preguntas, non hai debate, non hai resposta aos problemas reais da xente. E iso é exactamente o que busca o alcalde”, engade Pablo Díaz.
Desde o PSdeG tiñan previsto levar ao pleno varias cuestións urxentes, entre elas a situación do CEIP de Abadín, que leva meses sen conserxe tras a xubilación do anterior traballador. A falta de información e de previsión por parte do goberno municipal está a xerar preocupación entre as familias, que temen que o curso escolar comece sen cubrir esta praza fundamental para o funcionamento do centro.
Outra das cuestións que os socialistas querían poñer enriba da mesa eran os problemas recorrentes na traída de auga na parroquia de Castromaior, que seguen sen solución a pesar das queixas veciñais.
“O alcalde prefire calar os problemas antes que afrontalos. Prefire silenciar os plenos antes que dar explicacións. Pero desde o PSdeG imos seguir denunciando esta falta de responsabilidade e esixindo que se respecte o funcionamento democrático do Concello”, conclúe o voceiro socialista.



















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



