Lugo, 16 de xullo de 2025. O PSdeG-PSOE na provincia de Lugo renovou esta semana os sete cargos de coordinación comarcal tras un proceso de encontros celebrados nas distintas áreas do territorio, nos que participaron as diferentes agrupacións locais.
Novos coordinadores e coordinadoras comarcais:
A MARIÑA – María Loureiro García
LEMOS – José Luis Losada Fernández
LUGO – Ana Mª González Abelleira
MONTAÑA – Teresa Fernández Pérez
SARRIA – Diego López López
SUROESTE – Rafael García Figueiras
TERRA CHÁ – Sonia Verdes Gil
A Vicesecretaria Xeral e Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, destacou que “esta renovación fortalece a estrutura territorial do partido e achega máis cohesión ao traballo político que se desenvolve desde abaixo”. Porto subliñou que “cada comarca escolleu persoas comprometidas, con experiencia e coñecemento do seu entorno, preparadas para dinamizar a actividade das agrupacións locais e acompañalas no seu día a día”.
“A coordinación comarcal é unha peza clave para vertebrar o partido, facer seguimento da realidade municipal e servir de ponte entre a militancia e os órganos provinciais”, engadiu.
Para García Porto, este proceso confirma que o PSdeG-PSOE “é un partido vivo, participativo e pegado ao territorio”, e reforza a idea de que “a acción política efectiva constrúese desde a base, coa implicación da militancia e cun proxecto común de futuro para Lugo”.
Desde a dirección provincial destacan que esta nova estrutura facilitará a coordinación interna, a dinamización política e a presenza activa do PSdeG-PSOE en todo o territorio.
“As persoas escollidas representan o mellor do noso partido na provincia: coñecen o terreo, teñen traxectoria no partido e contan coa preparación e a motivación necesarias para liderar esta nova etapa e facer avanzar o proxecto socialista en Lugo”, concluíu García Porto.