
Screenshot
Foz, 30 de xullo, 2025. O ‘Festival Bal y Gay’, referente en España coa mellor música clásica do mundo en belos escenarios patrimoniais da Mariña, presentou a súa duodécima edición este mércores 30 de xullo no Centro de Interpretación dá Mariña (CENIMA) de Foz coa presenza de Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Carmela López, Deputada da área de Economía, Facenda e Especial de Contas da Deputación de Lugo; Pablo Junceda, Director Xeral do Banco Sabadell Gallego; Francisco Cajoto, Alcalde do Concello de Foz; Enrique Rodríguez Baixeras, Presidente da Fundación Xesús Bal y Gay; e Alba Rodríguez, Directora do Festival Bal y Gay. Autoridades dos concellos participantes (Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Cervo, Lourenzá, Burela, Alfoz) tamén asistiron a un acto que constatou o apoio unánime ao festival pola súa boa xestión e solidez.
A próxima edición terá lugar do 12 ao 21 de agosto con 11 destacados concertos. Cuarteto Casals, Cuarteto Quiroga, Denis Kozhukhin, Sara Blanch, Núria Rial, Leticia Moreno, Marco Mezquida, Borja Quiza ou o grupo especializado Los Elementos baixo a dirección de Alberto Miguélez Rouco brillan nunha programación repleta de grandes grupos e solistas españois de recoñecido prestixio internacional con cabida tamén para agrupacións sinfónicas (Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias) ou corais (Coro da Comunidad de Madrid) destacadas a nivel nacional.
“ACERCAR LA MÚSICA CLÁSICA DE EXCELENCIA A A MARIÑA, UNA HERMOSA AVENTURA”
“Llegamos a esta duodécima edición gracias magnífico equipo artístico y técnico del festival, al patrocinio de la Fundación Banco Sabadell, la Xunta de Galicia, la Diputación de Lugo, el INAEM, los municipios participantes de A Mariña, la Caixa Rural Galega, las empresas de a Mariña y de otros lugares que nos ayudan, sin olvidar la figura del amigo de la Fundación Xesús Bal y Gay, quien nos motiva a continuar en esta hermosa aventura de acercar la música clásica de excelencia a A Mariña”, afirmou Enrique Rodríguez Baixeras, Presidente da Fundación Xesús Bal y Gay.
Pablo Junceda, Director Xeral do Banco Sabadell Gallego, explicou que “la Fundación Banco Sabadell renueva su compromiso por sexto año consecutivo como colaborador principal del festival. Impulsamos nuevos espacios de oportunidad a través de la cultura y el talento como factores clave de progreso y bienestar social. En este caso, al unirnos al Festival Bal y Gay, se trata de música, en un evento que ya ha echado sus hondas raíces y que ya constituye todo un referente internacional”.
“Apoyamos con convencimiento este festival -este año con 12.000 euros- porque representa lo que defendemos desde las administraciones públicas: una cultura accesible, descentralizada, de calidad y con impacto real en la vida de las personas. El Festival Bal y Gay es una cita única. No solo por los artistas extraordinarios que convoca año tras año, sino por lo que consigue: llenar de música espacios históricos, parroquias, plazas y auditorios de toda A Mariña”, sinalou Carmela López, Deputada da área de Economía, Facenda e Especial de Contas da Deputación de Lugo.
A CARROZA DO REAL, ESCENARIO ITINERANTE DO TEATRO REAL, CHEGARÁ O DÍA 31
O festival presentará á Carroza do Real, escenario itinerante do Teatro Real, o día 31 de xullo (19:30) na Praza do Conde de Fontao de Foz. Un espectáculo gratuíto que servirá de preámbulo ao resto da programación. O Teatro Real, dentro da súa vocación como ópera nacional de referencia en España, presentou en 2021 A Carroza do Real, unha iniciativa para levar o escenario do Teatro Real por toda a xeografía española cunha oferta artística que puidese incluír concertos instrumentais, recitais ou espectáculos infantís. A súa boa acollida fixo que sexa un proxecto con continuidade a longo prazo. Presentouse en Ceuta, Valladolid, Zaragoza, Madrid, Málaga, Alcalá de Henares, Sevilla, Córdoba, Jaén, Mérida, Cáceres, Valdepeñas, Soria, Fuenlabrada, Boadilla del Monte, San Sebastián de los Reyes, Castro Urdiales, Mariña de Cudeyo, Suances ou Castellón de la Plana.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



