A Mariña, 18 de agosto de 2025. Do 25 ao 30 de agosto A Mariña acolle o programa Obradoiros con corazón, unha proposta de lecer para desfrutar do verán coñecendo o territorio a través da súa artesanía local deseñada para promover a riqueza artesá da comarca. O programa inclúe nove actividades diferentes en obradoiros situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Ourol.
Nesta iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/amarina-obradoiros-con-corazon
As prazas son limitadas, xa que cada actividade acollerá un grupo reducido de persoas co obxectivo de garantir unha experiencia máis próxima e personalizada. Os obradoiros terán un custo de entre 5€ e 10€, un prezo simbólico co que poñer en valor o sector e evitar cancelacións de última hora. Cómpre sinalar que a recadación será investida en accións de promoción da artesanía da Mariña.
Nesta segunda edición están programadas 9 actividades diferentes en obradoiros situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Ourol. Será unha semana na que os participantes poderán practicar desde estampaxe ata artes escénicas, modelar pezas de barro, iniciarse no mundo da madeira, do coiro e da lá e coñecer artes e rituais vinculados á cerámica. Trátase dun proxecto coordinado por Trivium Estratexias de Cultura e Turismo, que representa unha oportunidade única para desfrutar do verán na Mariña participando en experiencias creativas e afondando no coñecemento cultural da comarca a través de propostas enriquecedoras.
Programa de Obradoiros con corazón
Luns 25/08 – 16.30h “Chaveiro da porta norte” con Raíces Nómadas. Ribadeo
Un obradoiro de familiarización coa técnica do deseño e confección en coiro no que as persoas participantes realizarán o seu propio chaveiro sen que falte detalle (cosido a man, acabado de bordes…). Unha experiencia na que se reivindica a materia prima e técnica artesanal na elaboración das pezas.
Martes 26/08 – 17.00h “Kintsugi, o arte do renacemento” con Artesanía do Pasatempo. Mondoñedo
Trátase dunha experiencia baseada na técnica ancestral xaponesa de reparación de obxectos cerámicos con ouro e resina onde se resaltan as cicatrices como as experiencias de vida do obxecto. As persoas participantes familiarizaranse co proceso de reparación mediante dita técnica sendo agasallados co obxecto reparado. Podes levar a túa propia peza para reparar.
Mércores 27/08 – 10.30h “Da ovella á madeixa” con Miratú. Mondoñedo
Da man da artesá Vérónica Page realizarase unha obradoiro de inmersión no coñecemento e técnica ancestral das fiandeiras vivindo unha experiencia creativa de fiado na roca de lá virxe (lá de ovella e alpaca) así como o seu tratamento. Cada persoa realizará as súas propias creacións ou recibirá un recordo dunha experiencia realizada a ritmo de corazón.
Mércores 27/08 – 17.00h “Rakú, rituais do lume” con Esquina Atlántica. Mondoñedo
Unha experiencia con rakú, técnica xaponesa asociada ao ritual do té, no que cada participante preparará o seu propio chawan (taza de té) ao estilo xaponés achegándose á técnica do esmaltado e posterior forneado a altas temperaturas.
Xoves 28/08 – 10.30h “Elaborando a túa propia peza” con Otero Regal. Viveiro
Unha actividade para adentrarse, da man deste artesán célebre da Mariña, no coñecemento da materia prima e a técnica necesaria para elaborar unha peza personalizada adaptada a deseños e cores. Unha experiencia familiar, amena e creativa.
Venres 29/08 – 11.00h “Escénica & Plástica” co Fantástico taller dos Títeres. Mondoñedo
Un obradoiro para saber contar unha historia con éxito. As cousas que hai que saber para contar unha boa historia están no obradoiro de Escénica & Plástica, no que se abordará a construción, manipulación e posta en escena dos títeres e bonecas para que as historias sexan inesquecibles.
Venres 29/08 – 17.00h “Coas mans no barro” con Cerámica Lucía Catuxo. Trabada
Familiarización co mundo da cerámica, aprendendo as nocións básicas para elaborar unha peza, combinando técnicas básicas de traballo e modelado manual. Unha experiencia inspiradora e de conexión coa materia prima neste fantástico espazo.
Sábado 30/08 – 10.30h “Descubrir os encaixes de madeira” con Madeira a man. Ourol
Unha proposta para aprender a facer encaixes a man, unha técnica tradicional para unir madeira sen cravos. Cada persoa poderá practicar o corte e o ensamblaxe para levar consigo a peza rematada. É unha maneira sinxela e práctica de coñecer o traballo coa madeira.
Sábado 30/08 – 17.00h “Estampaxe e serigrafía” con Estudo Estampa. Mondoñedo
Obradoiro para a creación dun deseño a partir de imaxes dixitais ou de debuxos de elaboración propia. O obradoiro permitirá o coñecemento e manexo de tintas, pantallas e plantillas para plasmar o deseño nunha camiseta, bolsa ou peza de algodón que levará o participante de recordo desta experiencia creativa.
Plans con corazón
Ademais dos Obradoiros con corazón, a Mancomunidade ten xa aberta a reserva de prazas para os Plans con corazón na súa páxina web. Trátase dun programa de 16 rutas e visitas guiadas que terán lugar do 5 de setembro ao 12 de outubro nos 16 concellos que conforman o xeodestino. Son visitas realizadas por guías oficiais de Galicia coñecedores do patrimonio local e guías especializados en xeoloxía e ornitoloxía na que tamén participan diversos anfitrións. Unha iniciativa coa que amosar A Mariña como un destino atractivo e diverso contribuíndo á desestacionalización e ampliando o coñecemento do territorio a nivel local. Un proxecto para conectar coa esencia da Mariña e descubrir os seus recursos máis singulares.
Información e reservas: https://amarinalucense.gal/gl/a-marina-plans-concorazon






















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



