A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria, mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2025. A Xunta comezará esta vindeira semana os traballos de limpeza e roza nas marxes de tres estradas autonómicas ao seu paso polas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.
En concreto, na AC-552 en Cee, os novos traballos centraranse no acondicionamento das sendas e glorietas do tramo que vai do quilómetro 88+79 ao 89+520: e na roza, limpeza e recollida no caso das estradas LU-122, ao seu paso polos concellos da Pastoriza, Riotorto, Mondoñedo e Lourenzá; e na OU-536, no seu percorrido polos municipios do Pereiro de Aguiar e Castro Caldelas.
Ademais, na provincia de Pontevedra, seguirá avanzándose nas labores de limpeza e roza en distintos tramos das marxes da autovía AG-4.6 e da vía de alta prestacións CG-4.1, ao seu paso polos municipios de Moaña e Cangas. Ademais, seguirán os traballos na estrada PO-204, en Silleda; na PO-399, no seu tramo polos municipios de Salceda de Caselas e Salvaterra do Miño; na PO-402, en Mondariz e tamén en Salvaterra; e na PO-510 no seu tramo de Salvaterra do Miño e do Porriño.
Tamén proseguirán estas tarefas de limpeza e roza en outras 8 vías de titularidade da Xunta no seu percorrido polos municipios de Teo, Vilalba, Xermade, Silleda, A Moaña, Cangas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Mondariz e O Porriño.
Deste xeito, na provincia da Coruña, proseguirán as labores iniciadas hai unhas semanas na AG-59 en Teo; mentres que seguirán tamén as tarefas en execución na provincia de Lugo na LU- 861, en Vilalba e Xermade.
Control da Biomasa
Todas estas intervencións consisten na limpeza e roza de vexetación na zona de dominio público das estradas de titularidade da Xunta, e na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas autonómicas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.
A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.
As actuacións da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta cun investimento total de 4 M€.




















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



