Ribadeo, 1 de agosto de 2025. As instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo acolleron a presentación da XXXV Semana Náutica, que terá lugar do 2 ao 17 de agosto. O acto contou coa participación do alcalde, Dani Vega.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Pablo Fernández, agradeceu a colaboración de institucións como a Xunta de Galicia e o Concello ribadense, a de entidades como Acisa e a das empresas privadas, que un ano máis apoian esta cita veraniega. Fernández relatou o programa da XXXV Semana Náutica e anunciou que “o 23 de agosto terá lugar o trofeo en homenaxe a David Botín, coa que concluirán estas actividades de verán”.
A xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, aludiu á importancia que a náutica ten en Galicia, onde hai 73 portos náuticos e más de 10.700 amarres en Galicia: “esas cifras indican a importancia que ten para Turismo de Galicia, onde colaboramos na organización de diferentes eventos náuticos”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, agradeceulle ao RCNR “o convite para participar na presentación desta cita e que conte con nós un ano máis como entidade colaboradora” e subliñou “o traballo desenvolvido polo Real Club Náutico de Ribadeo ao longo do ano e o que supón para a dinamización do porto e do tecido empresarial ribadense”.
O alcalde, Dani Vega, destacou que “a Semana Náutica xa é tradición en Ribadeo, ten unha longa historia que moitas persoas impulsaron, tanto este presidente como os anteriores así como todo o Real Club Náutico de Ribadeo, e iso marca unha diferenza como pobo. Ven de atrás, está presente e ten un relevo xeracional que quere seguir facendo cousas e que isto siga e iso é o realmente positivo”. E engadiu que “en todo ten que haber traxectoria e un horizonte claro”.
No acto de presentación da XXXV Semana Náutico participaron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o alcalde, Dani Vega, a xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.